Muazzez İlmiye Çığ

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Muazzez İlmiye Çığ
Muazzez İlmiye Çığ in Mersin.jpg
Nacemento20 de xuño de 1914 e 1914
 Bursa
NacionalidadeTurquía
Alma máterUniversidade de Ancara
Ocupaciónassiriólogo e arqueóloga
Premiossen etiquetar
editar datos en Wikidata ]
Muazzez nunha conferencia en 2009

Muazzez Ilmiye Çığ, nada como Muazzez Ilmiye Itil en Bursa o 20 de xuño de 1914, é unha historiadora turca, especializada no estudo da civilización sumeria.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Seus pais eran tártaros de Crimea que emigraran a Turquía, a familia do pai estableceuse na cidade de Merzifon, e a da nai en Bursa, daquela un dos grandes centros administrativos otománs. Muazzez Ilmiye naceu en Bursa, unhas semanas antes de principiar a Gran Guerra e cando tiña cinco anos, en 1919, o exército grego invandiu a cidade de Esmirna o que levou o seu pai, un mestre, na procura de maior seguridade a establecerse na cidade de Çorum e alí foi onde Muazzez completou os seus estudos de primaria. Posteriormente, a familia volveu a Bursa, e alí estudou nunha escola privada e en 1926 entrou nunha de maxisterio local e graduouse en 1931, con dezasete anos.

Durante cinco anos deulles clases a nenos na cidade de Eskişehir, en 1936 foi a Ancara para estudar na súa universidade, matriculouse no departamento de hititoloxía, que establecera o ano anterior Atatürk na facultade de historia e lingüística. Entre os seus profesores estiveron dous dos máis eminentes investigadores da época da cultura e historia hitita, Hans Gustav Güterbock e Benno Landsberger, os dous refuxiados alemáns de orixe xudía que pola presión tras da vitoria de Hitler aveciñáranse como profesores en Turquía[1].

Ao recibir o seu diploma en 1940, comezou a traballar nos arquivos do Museo do Antigo Oriente, unha das tres institucións que forman parte dos Museos Arqueolóxicos de Istambul, como especialista residente no campo da escrita cuneiforme. O museo contiña milleiros de táboas cuneiformes almacenadas nos seus arquivos sen clasificar e sen traducir. Nos 31 anos que pasou no museo dedicouse, coa axuda dos tamén traballadores do arquivo, Hatice Kızılyay e F. R. Kraus[2], a clasificar 74000 táboas[3] en sumerio, acadio e hitita e traduciu e publicou unha parte en catálogos, e o museo converteuse nun centro de aprendizaxe das antigas linguas de Oriente Medio ao que acudían investigadores de todo o mundo[1].

Xubilouse en 1972 e logo, durante un tempo, viviu fóra de Turquía. Traduciu ao turco o libro de Samuel Noah Kramer History Begins at Sumer que se publicou en 1990 baixo o título Tarih Sümerle Başlar, que tivo boa recepción e que lle permitiu publicar diversos libros dedicados principalmente á cultura sumeria, entre eles un libro infantil.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Zaman Tüneliyle Sümer'e Yolculuk, 1993 (obra de divulgación infanto-xuvenil, en 1998 publicouse unha segunda edición ampliada)
  • Kur'an, İncil ve Tevrat'ın Sumer'deki Kökeni, 1995
  • Sümerli Ludingirra - "Zaman Tüneliyle Yolculuk, 1996
  • İbrahim Peygamber - Sümer Yazılarına ve Arkeolojik Buluntulara Göre, 1997
  • İnanna'nın Aşkı - Sümer'de İnanç ve Kutsal Evlenme, 1998
  • Hititler ve Hattuşa - İştar'ın Kaleminden, 2000
  • Gilgameş - Tarihte İlk Kral Kahraman
  • Ortadoğu Uygarlık Mirası, 2002
  • Ortadoğu Uygarlık Mirası 2, 2003
  • Sümer Hayvan Masalları, 2003
  • Vatandaşlık Tepkilerim, 2004
  • Atatürk Düşünüyor, 2005
  • Bereket Kültü ve Mabet Fahişeliği, 2005
  • Çivi Çiviyi Söker - Muazzez İlmiye Çığ Kitabı con Serhat Öztürk, 2002 (autobiografía)
  • Sümerlilerde Tufan - Tufan'da Türkler, 2008

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Muazzez Çığ stands among the world’s best Sumerologists" Hürriyet Daily News, 14 de novembro de 2008
  2. University Museum Bulletin, Volumes 16-18. University of Pennsylvania, 1951, p. 9
  3. Belleten, Volume 57, números 218-219. Türk Tarih Kurumu Basımevi, 1993, p. 305