Movemento Socialista de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Movemento Socialista de Galicia (MSG) foi un partido político nacionalista e socialista galego constituído a comezos do ano 1975. Os seus dirixentes eran Alfonso Álvarez Gándara, Francisco González Amadiós, Xosé Bar Boo, Basilio García Pérez e Fernando Ramos. O MSG defendía o autogoberno para Galicia e o socialismo democrático e pretendía constituír o xermolo dun Partido Socialista de Galicia que con outros partidos socialistas das nacionalidades de España formaran un partido socialista de España. O MSG nunca pasou dun proxecto e a fins de 1975 integrouse no Partido Socialista Galego.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Manuel Anxo Fernández Baz, A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984), Santiago de Compostela, 2003, páx. 45