Saltar ao contido

Renderización

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Renderización
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
 Medio usado
scene (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
 Produto ou servizo
Códigos e identificadores
Freebase/m/01y1m Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2989087649 e C205711294 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Imaxe renderizada.

A palabra renderización (procedente do inglés rendering) define un proceso de cálculo complexo desenvolvido por un ordenador destinado a xerar unha imaxe ou secuencia de imaxes. Unha tradución máis literal sería interpretación; tamén se empregan coloquialmente os termos renderizar e renderizado.

A renderización aplícase ós gráficos por ordenador, máis comunmente á infografía, aínda que é aplicable tamén a procesos 2D como a edición de vídeo ou o filtrado de imaxes.

Na infografía, este proceso desenvólvese co fin de imitar un espazo 3D formado por estruturas poligonais, comportamento de luces, texturas, materiais, animación, simulando ambientes e estruturas físicas verosímiles. Unha das partes máis importantes dos programas dedicados á infografía son os motores de renderización, os cales son capaces de realizar técnicas complexas como radiosidade, raytrace (trazador de raios) e iluminación global, entre outros.

Cando se traballa nun programa de deseño 3D por computadora, non é posible visualizar en tempo real o acabado final desexado dunha escena complexa en tres dimensións, xa que isto require unha potencia de cálculo demasiado elevada. Por iso, óptase por crear o contorno 3D cunha forma de visualización máis simple e técnica e logo xerar o lento proceso de renderización para conseguir os resultados finais desexados.