Mosteiro de San Paio de Abeleda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 27 de decembro de 2011 ás 12:02 por Estevoaei (conversa | contribucións) ({{Coordenadas|42|23|22|N|07|26|55|W|display=title}})

Coordenadas: 42°23′22″N 07°26′55″O / 42.38944, -7.44861

Imaxe do mosteiro onde se pode ver o estado de abandono.

O mosteiro de San Paio de Abeleda son os vestixios dun mosteiro medieval construído no século XII. Na actualidade atópase en estado ruinoso. Foi un dos centros monásticos máis influentes da provincia, e coa reforma monástica pasou a converterse en abadía ata que a finais do século XIX, trala desamortización, os Duques de Alba apoderáronse dos bens do mosteiro.

Situación

Sitúase na parroquia de San Paio de Abeleda, no concello de Castro Caldelas.

A Igrexa

A igrexa, construída en estilo románico do século XII (con reformas posteriores) é de planta de cruz latina. Componse dunha soa nave con tres corpos, separados cada un deles cun arco de medio punto con arquivoltas adornadas de impostas axadrezadas e capiteis con flores e quimeras. O retablo maior é do século XVII. A igrexa foi obxecto dunha profunda reforma no século XIV, conservándose da fábrica románica unha porta dos séculos XIII-XIV.

A fachada do claustro conventual é de estilo gótico e presenta un arco oxival con decoración de cuadrifolios.

Fai pouco tempo, no ano 2005, foi vítima do espolio de varios retablos barrocos e neoclásicos, e algunha columna do antigo claustro conventual.[1]

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Duro Peña, E.: El monasterio-parroquia de San Payo de Abeleda (1989). Anuario de Estudios Medievales.

Outros artigos