Saltar ao contido

Mostaza branca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mostaza branca
Sinapis alba
Carl von Linné 1753 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Nome curto
S. alba Editar o valor en Wikidata
 Nome común
Mostaza branca Editar o valor en Wikidata
Características
 Fonte de
 Uso
Clasificación taxonómica
ReinoPlantae
DivisiónMagnoliophyta
ClaseMagnoliopsida
OrdeBrassicales
FamiliaBrassicaceae
XéneroSinapis
EspecieS. alba
Identificadores
Freebase/m/07_h2b Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2778672099 Editar o valor en Wikidata
UNII66SFD3EC0P Editar o valor en Wikidata
ITIS23309 Editar o valor en Wikidata
OTT359058 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata G:Commons C:Commons
Planta de mostaza branca.

A mostaza branca (Sinapis alba) é unha planta anual da familia das Crucíferas. Ás veces é coñecida como Brassica alba, Brassica hirta ou mostaza amarela. Cultívase comercialmente en practicamente todo o mundo polo interese das súas sementes para a industria alimentaria, mais probablemente é orixinaria da rexión mediterránea.

As flores amarelas da planta deste tipo de mostaza producen un tipo de vaíñas (sílicuas) veludas que conteñen as sementes, nas que atoparemos aproximadamente media ducia de grans por vaíña. A colleita da semente da mostaza faise xusto antes de que as vaíñas maduren por completo e abran. As sementes desta especie de mostaza son redondas e de consistencia dura, de en torno ó milímetro ou 2 mm. de diámetro, e dunha cor que pode ir do beixe ou o amarelo ó marrón claro.

Uso da planta

[editar | editar a fonte]
Mostaza branca moída.

Usos culinarios

[editar | editar a fonte]

As sementes da mostaza branca poden usarse enteiras para condimentar encurtidos e vinagretas, ou tostadas para o seu uso en diferentes pratos. Con elas, prepárase o condimento que leva o mesmo nome xenérico da planta, a mostaza (condimento). Unha vez están as sementes moídas e mesturadas con outros ingredientes, obtense unha pasta que pode ser usada tal cal (o que sería a mostaza "orixinal"), ou incluso utilizala como base para outros condimentos menos finos (mostaza "industrial").

Outros usos

[editar | editar a fonte]

Á parte do uso gastronómico, a mostaza branca é tamén utilizada como planta forraxeira.

Tamén é usada en ocasións para sementala como captora de nitratos, é dicir, que se usa como cultivo de barbeito, evitando así deixar os campos nus, limitando a perda dos nitratos solubles. Nese caso, e sementada por exemplo despois dun cereal, ten que ser arrincada antes de que produza as sementes, para evitar a súa reprodución descontrolada. Porén, ás veces está considerada tamén unha mala herba, fundamentalmente nos cultivos de colza.

Propiedades

[editar | editar a fonte]

As sementes son ricas en lípidos (en torno ó 35%) e conteñen sinalbina, que é o tioglicósido responsable do seu gusto agre e lixeiramente picante. Delas extráese tamén un aceite para uso industrial e alimentario. Da mostaza branca tamén se obtén un aceite esencial volátil cuxo compoñente principal (o isociotianato) é máis suave que o producido polas sementes da mostaza negra (Brassica nigra), o que lle confire tamén un aroma e sabor algo máis suaves.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]