Moshé Hess
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de xaneiro de 1812 Bonn |
| Morte | 6 de abril de 1875 París |
| Lugar de sepultura | Kinneret Cemetery (en) Colonia (1875–1961) |
| Educación | Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn - filosofía (1837–1839) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Escritor |
| Ocupación | filósofo, sionista, autor, xornalista de opinión, escritor, político, xornalista, editor colaborador |
| Obra | |
| Arquivos en | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Sibylle Heß |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron |
Moritz Hess, coñecido como Moshé Hess, nado en Bonn en 1812 e finado en París en 1875, foi un precursor do que despois se coñecería como sionismo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hess recibiu unha educación relixiosa tradicional do seu avó, máis tarde estudou filosofía na Universidade de Bonn e viviu en París como correspondente dun xornal socialista e viviu os acontecementos da comuna de París de 1848. Amigo e colaborador de Karl Marx e Frederick Engels nesa época era partidario da asimilación dos xudeus, e seguramente foron seus certos lemas marxistas, como o que a relixión é o opio do pobo. Pero logo dunha estadía en Alemaña entre 1861 e 1863 cambia o seu pensamento, adopta o nome de Moshé (Moisés) en protesta contra o asimilacionismo. Na súa obra Roma e Xerusalén fai un chamada a un rexurdir nacional xudeu en Xerusalén, inspirado no Risorgimento italiano que no seu momento non tivo éxito pero foi posteriormente recollido polo movemento sionista.
Obras
[editar | editar a fonte]As súas obras máis importantes son:
- Roma e Xerusalén (1862)
- Historia santa da humanidade (1837)
- Triarquía europea (1841).