Sokaku Takeda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sokaku Takeda
Nacemento10 de outubro de 1859
Lugar de nacementoAizu
Falecemento25 de abril de 1943
Lugar de falecementoXapón
NacionalidadeXapón
OcupaciónSamurai e Aikidoka
FillosTokimune Takeda
editar datos en Wikidata ]

Sōkaku Takeda (武田惣角 Takeda Sōkaku?), nado en Aizu o 4 de novembro de 1859[1] e finado o 25 de abril de 1943 no Xapón, foi un guerreiro xaponés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o segundo fillo de Takeda Sokichi e Tomi Kurokochi. Como parte dunha familia de samurais (clan Takeda), dedicou a súa vida á transmisión das artes marciais tradicionais da súa familia, en particular o chamado Daito-Ryu AikiJutsual, que se rebautizou como Aiki Jujutsu Daito-Ryu posteriormente.[2][3]

En 1868 o príncipe Mutsuhito descendente número 122 da dinastía imperial, decide recuperar o poder que desde o século XII, cando Minamoto Yoritomo proclamouse shōgun ostentaba a clase samurai (formada por señores feudais da guerra).[4]

A tarefa non era fácil pero con todo o Emperador contaba con tres vantaxes:

  • O primeiro que tiña ao seu favor é que era subestimado polos samurais por non ser un guerreiro como eles.
  • O segundo é que tiña unha mente aberta que o levou a interesarse pola tecnoloxía de occidente totalmente descoñecida para o Xapón do seu tempo.
  • E o terceiro é que a oposición do shogunato á apertura a occidente puxo as grandes potencias de occidente ao lado do Emperador para obter as vantaxes do comercio co Xapón.

Mutsuhito formou un exército en segredo, dotado de armas modernas e baixo o mando dun grupo de oficiais de Francia e Alemaña, países que pretendían beneficiarse coa apertura do Xapón. Este exército de campesiños requiría moi pouco adestramento para manexar armas de fogo, e con el en 1867 ataca ás forzas leais ao shōgun Tokugawa, comezando a guerra Boshin. Tokugawa foi derrotado e obrigado a retirarse a Edo onde en maio de 1868 capitula.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Deadliest Men: The World's Deadliest Combatants Throughout the Ages" Paul Kirchner, Paladin Press 2001, ISBN 1-58160-271-5, ISBN 978-1-58160-271-5 - cap. 35
  2. Unlocking the Secrets of Aiki-Jutsu by H. E. Davey, NTC Publishing Group 1997, ISBN 978-1-57028-121-1 ISBN 1-57028-121-1
  3. "The Meiji Man", by Laszlo Abel; The JMAS Newsletter, Vol.3, No.3 1985
  4. “The Samurai Sourcebook” Stephen Turnbull, Cassell (outubro 2000) ISBN 1854095234
  5. "Samurai Aikijutsu", by Toshishiro Obata; Dragon Books 1988