Monumento a Cabalo Tolo
Aparencia
Monumento a Cabalo Tolo | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | escultura monumental e monumento conmemorativo ![]() | |||
Epónimo | Cabalo Tolo ![]() | |||
Tema principal | Cabalo Tolo ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Creador/a | Korczak Ziółkowski ![]() | |||
Arquitecto/a | Korczak Ziółkowski ![]() | |||
Representa a | Cabalo Tolo ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 3 de xuño de 1948 ![]() | |||
Dimensións | ||||
Altura | 172 m ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Estados Unidos de América | |||
Estado federado | Dacota do Sur | |||
Condado | Condado de Custer ![]() | |||
Localización | Montaña Thunderhead ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | crazyhorsememorial.org ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O monumento a Cabalo Tolo (inglés: Crazy Horse Memorial) é unha montaña-monumento en construción, localizado nas Black Hills de Dacota do Sur. Ten a forma do guerreiro lakota Cabalo Tolo, montando a cabalo e sinalando o horizonte.
O monumento é un conxunto que consiste no monumento-montaña, o Museo Indio de Norte América e o Centro Cultural Nativo Americano. Atópase en terra considerada sagrada polos nativos americanos, a trece quilómetros do Monumento nacional Monte Rushmore.
A estatua terá unha anchura de 195 metros e unha altura de 172 metros. A cabeza de Cabalo Tolo terá 27 metros de altura. A construción do monumento comezou en 1948, e aínda hoxe dista moito de rematar.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Walker, Carson (2 de xuño de 2008). "Crazy Horse Memorial turns 60 with no end in sight". boston.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2010. Consultado o 16 de xaneiro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monumento a Cabalo Tolo ![]() |