Montserrat Valcárcel
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1971 (52/53 anos) O Incio, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | investigadora , política , deputada do Parlamento de Galicia , enxeñeira |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela Universidad Nacional de Educación a Distancia |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Montserrat Valcárcel Armesto, nada no Incio en 1971, é unha enxeñeira e investigadora galega, deputada no Parlamento de Galicia no grupo do Bloque Nacionalista Galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É doutora en Enxeñaría Agroforestal, e dende 1997 é profesora da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra de Lugo, pertencente á Universidade de Santiago de Compostela. Entre 2018 e 2022 foi vicerreitora de Coordinación do campus lucense.
Presentouse como independente nas listas do BNG ás eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 pola provincia de Lugo no posto número 3,[1] saíndo elixida deputada.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "La exvicerrectora Montserrat Valcárcel irá de número 3 en las listas del BNG de Lugo". La Voz de Galicia. 13 de xaneiro de 2024. Consultado o 28 de febreiro de 2024.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Montserrat Valcárcel |