Montes Transantárticos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Montes Transantárticos no norte da Terra de Vitoria, preto do cabo Roberts
Transantarctic mountains highlighted.jpg

Os Montes Transantárticos son unha cordilleira de rochas (principalmente sedimentarias) da Antártida que se estende, con algunhas interrupcións, ao longo do continente dende o capo Adare ao norte da Terra de Vitoria ata a terra de Coats. Os montes separan a Antártida Oriental e a Antártida Occidental. Inclúen numerosos grupos de montañas separadas, que ás veces tamén se subdividen en pequenos cordais.

A cordilleira foi vista por primeira vez por James Clark Ross en 1841 no que foi chamado posteriormente barreira de xeo de Ross na súa honra. Foi cruzada por vez primeira durante a British NaA cordilleitional Antarctic Expedition de 1901-1904.

O pico máis alto é o monte Kirkpatrick, de 4528 metros na cordilleira da Raíña Alexandra.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Na costa do mar de Ross na Terra de Vitoria viven pingüíns, focas e aves mariñas, mentres que a vida no interior dos montes Transantárticos limítase a bacterias,[1] liques, algas e fungos. Nun momento a Antártida estivo cuberta de bosques, incluíndo Wollemia e Nothofagus.[2] Porén, co arrefriamento ocasionado coa ruptura de Gondwana, estes bosques desapareceron gradualmente.[2] Crese que as últimas árbores do continente estiveron nos montes Transantárticos.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Os montes Transantárticos foron vistos por primeira vez polo capitán James Ross en 1841 dende o mar de Ross. A cordilleira é unha barreira natural que hai que cruzar para acadar o polo Sur dende a barreira de xeo de Ross.

O primeiro cruzamento dos montes Transantárticos tivo lugar durante a expedición de 1902-1904. Unha partida de recoñecemento baixo o mando de Albert Armitage chegou aos 2700 m de altura en 1902. O ano seguinte unha partida liderada por Robert Falcon Scott cruzou a Antártida Oriental por un lugar coñecido agora como glaciar Ferrar polo xeólogo da expedición. Exploraron parte da Terra de Vitoria na meseta Antártica antes de volver polo mesmo glaciar.

En 1908, o grupo de Ernest Shackleton cruzou os montes polo glaciar Beardmore. Scott volveu ao mesmo glaciar en 1911, mentres que Roald Amundsen cruzou a cordilleira polo glaciar Axel Heiberg.

Gran parte da cordilleira permaneceu sen explorar ata as décadas de 1940 e 1950, cando misións como a Operación Highjump e o Ano Xeofísico Internacional (IGY) fixeron grande uso da fotografía aérea e concentráronse na investigación completa do continente. O nome "Montes Transantárticos" aplicouse por primeira vez nun estudo de 1960[3] polo xeólogo Warren B. Hamilton, seguindo o seu campo de traballo no IGY. Foi recomendado posteriormente polo comité US-ACAN, autoridade estadounidense para os nomes xeográficos en 1962. Este nome puramente descritivo (en contraste con moitos outros topónimos antárticos) está aceptada internacionalmente.

O glaciar Leverett nos montes da Raíña Maude é a ruta planeada a través dos montes Transantárticos para a subministración entre a estación McMurdo e a estación Amundsen–Scott Polo Sur.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sokol, Eric; Herbold, Craig W.; Lee, Charles K.; Cary, S. Craig; Barrett, J. E. (Nov 2013). "Local and regional influences over soil microbial metacommunities in the Transantarctic Mountains". Ecosphere 4 (11): art136. doi:10.1890/es13-00136.1. hdl:10919/24807. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Woodford, J. 2000. The Wollemi Pine. Melbourne: Text Publishing. páx. 85-104
  3. Hamilton, Warren B. (1960). "New interpretation of Antarctic tectonics." Geological Survey Research 1960 – Short Papers in the Geological Sciences, páx. B379–380. Washington DC: US Geological Survey.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]