Monte Hacho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 35°53′49″N 5°17′12″O / 35.8969252, -5.2867421

Vista do monte Hacho.
Fortaleza no Monte Hacho

O monte Hacho é unha montaña baixa que se encontra na cidade española de Ceuta. Está situado na costa mediterránea, no estreito de Xibraltar, fronte á pena do mesmo nome. Xunto coa Rocha de Xibraltar considérase unha das dúas Columnas de Hércules, identificándose co monte Abyla ou Abila. Non obstante outras interpretacións identifican Abyla co monte Musa (851 m), en Marrocos.

Topónimo[editar | editar a fonte]

Na civilización clásica coñecíase como Mons Abila (Monte Abila ou Abyla).

Situación[editar | editar a fonte]

O monte Hacho encóntrase na península de Almina e coroado pola Fortaleza de Hacho, que foi construída polos bizantinos, antes de ser agregado aos árabes, portugueses e españois. Hoxe en día é un cuartel do exército español. O monte Hacho tamén ten un convento, a ermida de San Antonio; preto del había un monumento, xa retirado, no lugar onde o ditador Francisco Franco se situou para ver a batalla do convoi da vitoria. Actualmente tamén se encontran as ruínas do monumento do Llano Amarillo que conmemora o inicio da Guerra Civil española no norte de África en 1936.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]