Península de Almina
Aparencia
| Tipo | península | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | Ceuta, España e Ceuta portuguesa, Imperio Portugués | |||
| ||||
| Composto por | ||||

A península de Almina é un promontorio español situado no norte de África, en pleno estreito de Xibraltar. Ocupa unha gran parte da cidade autónoma de Ceuta, conformando o leste desta.
A península está separada do resto da cidade por un pequeno istmo no que se encontra o foso de San Felipe (s. XV-XVII), atravesado por tres pontes, este foso pertence ao Conxunto Monumental das Murallas Reais de Ceuta.
Na punta deste promontorio, coñecida como punta Almina, encóntrase o monte Hacho, considerada unha das lendarias columnas de Hércules. A poucos metros da costa atópase a chamada illa de Santa Catalina, que hoxe en día se encontra unida totalmente á península.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Península de Almina |
- Tutiempo.net Arquivado 08 de abril de 2014 en Wayback Machine.
- Regulares.es
