O outeiro Capitolino (en latín: Collis Capitōlīnus; en italiano: Campidoglio) é un dos sete outeiros de Roma, que se atopa entre o Foro Romano e o Campo de Marte. O outeiro era coñecido antigamente como Mons Saturnius, dedicado ó deus Saturno. A verba Capitolium referíase nun principio ó templo de Xúpiter Óptimo Máximo construído alí, e despois fixo referencia a todo o outeiro (e mesmo a outros templos de Xúpiter). As fontes antigas refírense á orixe do nome como caput ("testa", "cumio") a a historia di que, ó sentar as bases para o templo, atopouse a testa dun home.[1] Algunhas fontes mesmo sinalan que era a cabeza dun tal Tolus ou Olus. O Capitolio era considerado polos romanos como indestrutible, e foi adoptado como un símbolo de inmortalidade.[2][3]