É unha ave grande, de arredor de 48 cm de lonxitude; recoñécese pola súa cabeza voluminosa, cunha banda azul clara que rodea o seu curuto negro e vólvese morada na caluga; o seu peteiro é groso e forte, lixeiramente curvado cos bordos do pico aserrados; a cola é longa, de cor negra por baixo, coa rectrices graduais, as centrais terminadas en forma de raqueta, que ás veces abanea con movemento pendular.[3]