Moeda de 2.000 pesetas de 2000
2000 pesetas de 2000 [1][2] | |
---|---|
A/: Cabeza espida de Xoán Carlos I cara á esquerda. Data.
Lenda: JUAN CARLOS I REY DE ESPAÑA |
R/: Busto de Carlos V laureado cara á dereita. Silueta do escudo imperial. Marca de ceca (M).
LENDA: FELIPE II 1598-1998 / 2000 PTAS |
|
A moeda de 2.000 pesetas de 2000 é unha moeda española de prata dese valor facial emitida pola FNMT para conmemorar os 500 anos do nacemento de Carlos I de España e V do Sacro Imperio Romano Xermánico, nado en Gante, Condado de Flandres, o 24 de febreiro de 1500.
Trátase da sétima emisión da serie de moedas circulantes de 2.000 pesetas de prata, que se iniciou en 1994.
Marco lexislativo
[editar | editar a fonte]Mediante unha Orde do 30 de novembro de 1999, publicada no Boletín Oficial do Estado do 11 de decembro, acordouse a emisión, a cuñaxe e a posta en circulación dunha moeda de 2.000 pesetas de prata con data 2000, conmemorativa dos 500 anos do nacemento de Carlos V.[1]
Conforme establecía a Orde, a moeda era de curso legal e debía ser proporcionada polas entidades bancarias ao seu valor facial,[1] aínda que a súa circulación foi escasa, dada a súa curta tiraxe final —1.565.400 exemplares—[3] e tendo en conta que naquel momento existía xa un billete de 2.000 pesetas de uso moi común, polo que a maioría dos exemplares foron retirados da circulación polos coleccionistas numismáticos e pola poboación en xeral, a modo de recordo.[4]
A norma establecía tamén que "esta moeda será admitida nas caixas públicas sen limitación, e entre particulares ata 20.000 pesetas, calquera que for a contía do pagamento".[1]
Caracterización
[editar | editar a fonte]O seu anverso, deseñado e gravado por Manuel Martínez Tornero, amosa un busto de perfil de Xoán Carlos I (1975-2014) ollando cara á esquerda, rodeado pola lenda JUAN CARLOS I REY DE ESPAÑA e a data de 2000. O conxunto está encerrado por unha grafila de puntos.[1][2]
Pola súa banda, o reverso, obra de Begoña Castellanos García, presenta como motivo principal un busto laureado de Carlos V de perfil e ollando cara á dereita.[1][2]
Completan o reverso, á dereita do retrato unha silueta do escudo imperial; na parte superior a expresión do valor facial da moeda, 2000 PTAS, entre dúas liñas horizontais; na parte inferior, á dereita un M coroado a modo de marca de ceca da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre, e a lenda V CENTENARIO CARLOS V, partida por unha imaxe latente na que, en función da orientación, se pode ver ou ben novamente a marca de ceca ou ben as dúas cifras derradeiras do ano de emisión: 00. Contrariamente ao habitual na serie de moedas de 2.000 pesetas, neste caso a imaxe latente non tenforma circular, senón que adquire forma de escudo de armas.[1][2]
A moeda de 2.000 pesetas foi desmonetizada o 28 de febreiro de 2002,[2] e en xuño de 2021 concluíu o prazo para a cambiar polo seu valor nas entidades bancarias.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Orde do 30 de novembro de 1999". BOE Nº 296, 11 de decembro de 1999. Páxinas 4.786-4.787.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "2000 Pesetas - Juan Carlos I Charles V". Numista.com
- ↑ "Moneda de 30 euro / 20 euro / 12 euro / 2.000 pesetas". FNMT - Casa de la Moneda (FNMT.es).
- ↑ 4,0 4,1 López, F. J. (2023). "Moneda de 2000 pesetas del 2000 (Carlos V): Valor y Precio". Coleccionismodemonedas.com. 3 de agosto.
- ↑ "Giovanni Vespucci (Florence, 1486–after 1527). World Map. Seville 1526". The Hispanic Society (Hispanicsociety.org).
- ↑ Cavalieri, G. B.; Treterus, T. (1583). Romanorum imperatorum effigies. Vincenzo Accolti, Roma. Páxina 154.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lamas Bolaño (2023). Catálogo enciclopédico de monedas de España 2024. Lamas Bolaño, Barcelona. ISBN 978-8409545193