Modesto Grandío Parapar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Modesto Grandío Parapar
Nacemento11 de xullo de 1889
Lugar de nacementoCabanas
Falecemento6 de outubro de 1966
Lugar de falecementoViveiro
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola Normal de Santiago de Compostela
Ocupaciónmestre e escritor
editar datos en Wikidata ]

Modesto Grandío Parapar, nado en Cabanas (O Vicedo) o 11 de xullo de 1889 e finado en Viveiro o 6 de outubro de 1966, foi un mestre e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou sendo novo a Cuba. Regresou a Viveiro onde casou con Rosario Paz Blanco en outubro de 1910. Orientou a súa vida profesional cara ao Maxisterio. Fixo estudos por libre na Escola Normal de Santiago de Compostela e obtivo o título de Mestre en marzo de 1920. Foi mestre en Covas (1920). En febreiro de 1924 foi destinado á escola de San Martín de Arroxo (A Fonsagrada). Unha vez aprobadas as oposicións, exerceu nas escolas de San Pedro de Viveiro (1925-1927), Galdo (1927-1946) e, finalmente, dende 1946, no Grupo Escolar de Viveiro, onde foi director e onde se xubilou en 1959.

Colaborou nos periódicos viveirenses Heraldo de Vivero, La Voz del Pueblo e El Landro; e tamén en El Regional, El Progreso, Vida Gallega, La Voz de Ortigueira, Las Riberas del Eo, La Comarca e Faro Villalbés. Tamén nos periódicos galegos da emigración Vivero en Cuba, Eco de Galicia e Heraldo de Galicia.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Crepuscular. Ensayos poéticos (Artes Gráficas Gerardo Castro, 1930)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]