Mitoloxía rapanui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moais de Ahu Tongariki.

A mitoloxía rapanui é o nome dado á mitoloxía formada polos mitos, lendas e crenzas do Pobo rapanui (os habitantes da Illa de Pascua); situada no Pacífico, a case catro mil quilómetros de Chile continental, país ó que pertence territorialmente a illa.

Descrición xeral[editar | editar a fonte]

A Illa de Pascua caracterízase por ter unha cultura que presenta características propias e únicas, produto de ser a máis illada das illas polinésicas.

Ó igual que o conxunto de tradicións da cultura polinésica, a mitoloxía da Illa de Pascua é tamén principalmente marítima.

A súa principal característica é que esta presenta unha cosmovisión particular, que levou ós seus habitantes a ter que imaxinar explicacións moi singulares sobre a creación do ser humano e da illa, e posteriormente tamén sobre a súa supervivencia nesta illa; feito que a diferenciaron doutros mitos polinésicos.

Personaxes mitolóxicos[editar | editar a fonte]

Algúns dos mitos e personaxes mitolóxicos máis importantes: