Uoke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Uoke, é unha deidade presente na mitoloxía rapanui, proveniente das tradicións dos habitantes da Illa de Pascua (Rapa Nui).

Uoke é descrito como un deus da devastación, quen segundo as tradicións, sería o causante da actual xeografía da Illa de Pascua.

Lenda[editar | editar a fonte]

A lenda di que a tierra de Rapa Nui antigamente era moi grande e tan extensa como a mítica terra de Hiva. Daquela, o antigo deus Uoke, dispoñía dun gran poder para afundir e erguer tódalas zonas da terra; acción que realizaba empregando unha grande e mítica panca, coa cal mudaba a superficie da terra, e por conseguinte tamén o antigo territorio de Rapa Nui.

Pero sucedeu que un día, cando Uoke estaba erguendo a terra dende Hiva, ó chegar a Puku-Puhipuhi, quebróuselle a panca, e con iso tamén a superficie da terra. Está foi a razón mítica de que Rapa Nui sexa pequena, xa que só quedaron por riba da auga os cumios dos seus montes, os cales formaron esta illa.