Hau-Maka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hau-Maka tamén chamado Haumaka, é un personaxe da mitoloxía rapanui, que lle indicou ó ariki Hotu Matu'a que era o seu destino viaxar cara a Illa de Pascua.

Lenda[editar | editar a fonte]

A lenda conta que ó sabio Hau-Maka aparecéuselle en soños o deus Makemake, nos cales levou ó espírito de Hau-Maka a unha viaxe dende Hiva cara unha afastada illa, que sería a Illa de Pascua.

Nesta viaxe, o espírito de Hau-Maka desprazouse cara o leste pasando por unha serie de illas, ata acadar a oitava terra. O espírito de Haumaka recorreu a illa identificando un total de 28 sitios cos seus nomes. Así, nesta illa atoparía tres illotes fronte ó Rano Kau (Motu Kao kao - Motu Nui - Motu Iti), e identificounos como "Ko nga Kope Ririva Tutuu Vai a te Taanga" (os fermosos fillos de Te Taanga que están sobre a auga). Despois de ascender polo volcán Rano Kau, chamaríao "Te Poko Uri a Haumaka o Hiva". O cráter pequeno chamado "Te Manavai". Logo diríxese á costa sur buscando unha residencia para o Ariki, recoñecendo distintos lugares ata que chega a Rangi Mea Mea (Ceo Vermello), referíndose ó solpor en Ovahe. Posteriormente chegaría ó cerro Hau Epa que nomearía como "Maunga Hau Epa", e observaría as areas brancas dunha praia nun lugar que chamaría "Oromanga a Haumaka o Hiva"; considerándoo un sitio axeitado para a residencia do Ariki, e á baía inmediata chamada "Hanga Mori A One" (Anakena). Así, tras recoñecer outros tantos sitios, nomea á illa "Te Pito o te Kainga a Haumaka o Hiva".

Así, logo de percorrer a illa, o espírito de Hau-Maka regresou ó seu corpo que se atopaba en Hiva. Posteriormente contaría a súa visión ó seu irmán Huatava, e como membro da liñaxe real (Ariki Paka), dirixiuse ó Ariki Hotu Matu'a, para contarlle o seu soño. Este feito faría que o Ariki Hotu Matu'a enviase unha embarcación con sete mozos, (Os dous fillos de Haumaka: Ira e Raparenga; e os cinco fillos de Huatava: Ku’u Ku’u, Ringi Ringi, Nonoma, U’ure e Mako’i); expedición que remataría na posterior chegada do Ariki Hotu Matu'a á Illa de Pascua; e con el o poboamento desta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]