Haua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Haua
Deus creador, "xefe dos ovos"
Membro da mitoloxía rapanui
Outros nomesHaua tuꞌu taketake
XéneroMasculino
RexiónIlla de Pascua
Grupo étnicoPobo rapanui
Información persoal
ConsorteHoa

Haua, ou Haua tuꞌu taketake, é unha deidade polinésica presente na mitoloxía rapanui. A súa muller era vîꞌe Hoa.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

Na mitoloxía da Illa de Pascua, era considerado xunto a Makemake como as deidades que levaron ós paxaros ó illote Motu Nui; feito do cal se orixinaría a cerimonia do Tangata Manu (home-paxaro). Haua era un deus que vivía na illa Motiro Hiva, lugar de onde proveñen as aves de Rapa nui, xa que Haua entregoullas a Makemake logo de que este, transformado nunha caveira que durante días nadou a través do océano, foi cara a aló a buscalas. Porén, o deus Haua sería case esquecido, e na cerimonia do Tangata Manu só se lle rendía culto a Makemake.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Routledge p. 260
  2. Métraux 1940, p. 313, 1957, p. 126

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alfred Métraux. [1940] 1971. Ethnology of Easter Island. Bernice P. Bishop Museum Bulletin 160. Honolulu: Bishop Museum Press.[1]
  • ———— Easter Island: stone-age civilization of the pacific, 1957 [2]
  • Katherine Routledge The Mystery of Easter Island, 1917 [3]