Mishi Baxshiev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMishi Baxshiev
Biografía
Nacemento7 de novembro de 1910 Editar o valor em Wikidata
Derbent, Rusia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1972 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Mahackala (Unión Soviética) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaTat-judeu (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Mishi Iusupovich Baxshiev, nado en Derbent o 7 de novembro de 1910 e finado en Makhachkala en 1972, foi un escritor daguestaní en xudeotat e ruso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Activista do konsomol local, a dirección enviouno a estudar en 1928 a Krasnodar e despois continuou en Moscova ata graduarse en xestión de terras en 1936, e logo volveu ao Daguestán. Durante a segunda guerra mundial serviu no exército como correspondente de guerra. Na posguerra continuou no exército ata 1953 para traballar despois no departamento de propaganda no Partido Comunista de Daguestán, e logo no xornal Dagestanskaya Pravda, do que foi redactor xefe adxunto ata 1969.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

En 1932 publicou a súa primeira obra, a colección de poemas Tri komsomol e a continuación a primeira novela curta en xudeotat[2] E pushorekhi tozhe zindegi, en 1932 e que marcou o principio da prosa en xudeotat[3], e Vetegechikho, en 1933. Nestas primeiras obras arrédase da tradición popular cun forte sentido didáctico na procura da construción dunha nova sociedade. En 1936 foi a estrea da súa primeira peza teatral, Besguni igidkho, un drama heroico sobre a guerra civil no Daguestán á que lle seguiu Hori, en 1939, sobre a amizade entre xudeus e non xudeus e a súa loita conxunta contra dos elementos reaccionarios. A partir de 1940 Baxhiev virou cara a elementos populares, escribiu a comedia en verso Shokh ugli, shokh Abbos va-khombol Khasan. En 1963 deu ao prelo Khushakhu ongura, a primeira novela longa en xudeotat. A súa poesía de posguerra recolleuse no volume Me khovs dnem versale que se publicou póstumo. Baxsiev tamén traduciu ao xudeotat obras de Alexander Pushkin, Mikhail Lérmontov mais Nizami Ganjavi. En ruso publicou algunhas obras en prosa como Rasskazy o moikh zemlyakakh (1956), Prostyye lyudi (1958) ou Zashumyat sady entre outras.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. БАХШИ́ЕВ Миши. КЕЭ, том Доп. 2, кол. 129
  2. Michael Zand "Notes on the Culture of non-Ashkenaki Communities Under Soviet Rule" in Yaacov Ro'i e Avi Beker (1992) Jewish Culture and Identity in the Soviet Union NYU Press, p. 415
  3. Бахшиев Миши Юсупович — статья из Большой советской энциклопедии.