Minnesang

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Minnesänger")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Selo alemán de 1970 con motivo do Minnesang.

O Minnesang é a tradición de poesía lírica e a canción entre o século XII e finais do século XIV. Estes trobadores xermanos do Minnesang eran coñecidos como Minnesänger. Estaban unidos en comunidades ou irmandades.

Historia[editar | editar a fonte]

Estes cantores tiñan moito en común cos trobadours (trobadores) provenzais (do sur de Francia). Como eles, cantaban xeralmente sobre o amor cortés ('da corte', non popular), do que provén o termo do alto alemán minne (“remembranza”, “amor”).

Moitos dos minnesängers máis coñecidos son notables tamén pola súa poesía épica ou narrativa, como Hartmann von Aue (1170 - 1220?) e Wolfram von Eschenbach (1170-1220), que adaptaban novelas cortesás (roman courtois) francesas, particularmente novelas artúricas de Chrétien de Troyes, o primeiro deles confesando a súa procedencia (Erek, Iwein) e puíndo e ornamentando a narración en forma e contido, o segundo plaxiando sen contemplacións (Perceval). Outras importantes figuras son Godofredo de Estrasburgo, Strassburg ou Straßburg, recopilador das lendas bretoas (e posiblemente provenzais) sobre Tristán na súa Tristán e Iseo, e Walther von der Vogelweide (1170-1228), o poeta máis persoal e orixinal daquela época.

A canción cortesá[editar | editar a fonte]

Moitas melodías da minnelied ('canción cortesá') sobreviviron até a actualidade, aínda que os manuscritos máis antigos son do século XV, o que pode facer que as cancións fosen copiadas de maneira diferente a como eran os seus orixinais. Ademais é difícil descifrar a notación musical que se utilizaba nesa época. Aínda que o contorno da melodía é fácil de interpretar, o ritmo da canción frecuentemente é imposible de adiviñar.

No século XV o minnesang ('canto cortesán') desenvolveuse e formou a tradición dos "Mestres cantores" (meistersinger), cuxa orixe social era burguesa (comerciante) a diferenza dos minnesänger que proviñan da clase aristocrática.

Escribíronse polo menos dúas óperas acerca da tradición minnesänger: Tannhäuser (de Richard Wagner) e Guntram (de Richard Strauss).

Exemplo de Minnelied[editar | editar a fonte]

O seguinte poema de amor, de autor anónimo, escrito no alto alemán medio, atopouse nun códice latino do século XII no mosteiro de Tegernsee.

Orixinal Alemán moderno Galego

Du bist min ich bin din.
Des sol(s)t du gewis sin.
Du bist beslozzen
In meinem herzen.
Verlorn ist das slüzzelin.
Du muost immer drinne sin!

Du bist mein! Ich bin dein.
Dessen sollst Du gewiss sein.
Du bist fest
In meinem Herzen.
Verloren ist das Schlüsselein.
Musst wohl für immer drinnen sein!

Ti es meu, eu son teu.
Diso podes estar seguro.
Ti estás encerrado
No meu corazón.
Perdida está a chaviña
Deberás quedar alí para sempre!

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]