Minamiuonuma
Aparencia
| 南魚沼市 (ja) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Xapón | ||||
| Prefecturas | Prefectura de Niigata | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 54.820 (2021) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 584,55 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de novembro de 2004 | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | Yonezawa (1986–) | ||||
| Sitio web | city.minamiuonuma.niigata.jp | ||||
Minamiuonuma (南魚沼市, みなみうおぬまし, Minamiuonuma-shi) é un concello da prefectura de Niigata no Xapón. Está situado ao norte da rexión de Chūbu, e no centro da prefectura (zona de Chūetsu), no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 584,82 km², a poboación é de 61.739 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 106 h/km².
O concello de Minamiuonuma limita cos concellos de Yuzawa, Tōkamachi, Uonuma (que son da prefectura de Niigata); e Minakami (este último é da prefectura de Gunma).
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade de Minamiuonuma foi fundada pola fusión de dous concellos de vilas do distrito de Minamiuonuma (Muika-machi e Yamato-machi) en 1 de novembro de 2004.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]
Lillehammer, Noruega (1972).
Sölden, Austria (1982).
Ashburton, Nova Zelandia (1987).
Personaxes de sona
[editar | editar a fonte]- Uesugi Kagekatsu (上杉 景勝, うえすぎ かげかつ, 1556 - 1623) - Foi un samurai e un daimyō do período de Sengoku ao período Edo.
- Naoe Kanetsugu (直江 兼続, なおえ かねつぐ, 1560 - 1619) - Foi un samurai e un Karō (conselleiro) do seu señor Uesugi Kagekatsu, e tamén un daimyō do período de Sengoku ao período Edo.
