Mike Stern

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mike Stern
Nome completoMichael Sedgwick
Nacemento10 de xaneiro de 1953
Lugar de nacementoBoston
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterBerklee College of Music
Ocupacióncompositor, músico de jazz, guitarrista, guitarrista de jazz e músico
PaiHenry Dwight Sedgwick
NaiHelen P. Burroughs
CónxuxeLeni Stern
IrmánsHolly Sedgwick
Na rede
http://www.mikestern.org/
Facebook: mikestern0 Twitter: mikesternguitar Instagram: mikesternguitar MySpace: mikesternjazz Youtube: UCUYNwyDiudm8r60pvs7LThg Spotify: 3zX0EMvB00JzxnRi5EIICP Last fm: Mike+Stern Musicbrainz: 38e82a3d-4e11-4e0b-92d5-6b3a3f93f276 Songkick: 489079 Discogs: 276062 Allmusic: mn0000413405 Deezer: 64307 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mike Stern, nado o 10 de xaneiro de 1953 en Boston, é un guitarrista estadounidense de jazz.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Berklee College of Music a principios dos anos 70, onde tivo contacto con outros guitarristas coma Mick Goodrick e Pat Metheny. Tocou xunto a grandes nomes do jazz como Joe Henderson, Jaco Pastorius, Jim Hall, Pat Martino, Arturo Sandoval, Jeff Richman, Bob Berg e Michael Brecker, entre outros.

Mesturando influencias de rock, funk e blues coa sofisticación do jazz, Mike Stern emprega frases con toques de bebop nos seus solos, desenvolvendo un estilo e un modo de compor orixinal. Algo que, entre os músicos de jazz acabou por ficar coñecido como bop n’roll.

En 1981 entrou na banda de Miles Davis e acabou por se tornar un dos grandes expoñentes da guitarra fusion. Con doce álbums gravados ata 2005, Mike Stern, que sempre compuxera música instrumental pasou a incluír voces na súa sonoridade co apoio do baixista e vocalista, Richard Bona e de Elizabeth Kontomanou.