Mike Johnson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Mike Johnson
Nacemento 1965
Orixe Grants Pass, Oregón Flag of the United States.svg
Instrumento(s) baixo, voces, guitarra, piano
Tempo en activo 1984 - actualidade
editar datos en Wikidata ]

Mike Johnson, nado en Grants Pass (Oregón) o 27 de agosto de 1965, e un compositor e baixista estadounidense.

Traxecoria[editar | editar a fonte]

Tocou na banda de punk rock de Eugene, Oregon Snakepit entre 1984 e 1989. Mike substituíu a Lou Barlow e Dinosaur Jr no ano 1991, e tocou coa banda ao vivo e nas súas gravación entre ese ano e 1998. Ao mesmo tempo colaborou con Mark Lanegan nos seus cinco primeiros álbums en solitario. Tocou a guitarra e co-produciu os tres primeiros álbums de Lanegan. Tamén traballou coas bandas Queens of the Stone Age e Caustic Resin entre finais dos 90 e principios dos 2000.