Beyond
| Beyond | ||||
|---|---|---|---|---|
| Álbum de Dinosaur Jr. | ||||
| Publicado | 1 de maio de 2007 | |||
| Gravación | setembro-decembro de 2006 | |||
| Estudio(s) | Bisquiteen, Amherst | |||
| Duración | 49:34 | |||
| Xénero(s) | rock alternativo, indie rock, noise rock | |||
| Selo(s) | Fat Possum Records | |||
| Produtor | J Mascis | |||
| Cronoloxía | ||||
| ||||
| Na rede | ||||
| [ editar datos en Wikidata ] | ||||
Beyond é o oitavo álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Dinosaur Jr., publicado o 1 de maio de 2007 a través do selo Fat Possum Records. Foi o seu primeiro disco nunha década despois do Hand It Over de 1997, e o primeiro coa formación orixinal do grupo dende o Bug de 1988.
Promoción
[editar | editar a fonte]A banda planeou unha xira mundial en 2007[1] e tocou o tema "Almost Ready" no programa Late Show with David Letterman para promocionar o álbum.[2] Realizouse un vídeo para "Been There All the Time", con Thurston Moore de Sonic Youth e a súa filla Coco. O vídeo foi dirixido por Matt Dillon.[3]
Edición
[editar | editar a fonte]O álbum foi publicado a través do selo Fat Possum Records nos Estados Unidos[4] e a través de Play It Again, Sam en Europa,[5][6] Australia, Nova Zelandia[7] e o Xapón.[8] Tamén foi editado en Ucraína a través do selo Moon Records.[9] As versións de edición limitada tanto de Fat Possum como de PIAS conteñen un disco de 7" extra co tema "Yer Son".[10][11] Os respectivos selos reeditarían o álbum en 2014, 2015 e 2016,[12] tendo o último deles unha versión descargable en MP3.[13]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por J Mascis agás onde se indique.
| N.º | Título | Escritor(es) | Duración | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1. | "Almost Ready" | 3:08 | |||||||
| 2. | "Crumble" | 4:04 | |||||||
| 3. | "Pick Me Up" | 6:32 | |||||||
| 4. | "Back to Your Heart" | Lou Barlow | 4:31 | ||||||
| 5. | "This Is All I Came to Do" | 5:21 | |||||||
| 6. | "Been There All the Time" | 3:40 | |||||||
| 7. | "It's Me" | 5:14 | |||||||
| 8. | "We're Not Alone" | 4:35 | |||||||
| 9. | "I Got Lost" | 4:37 | |||||||
| 10. | "Lightning Bulb" | Barlow | 3:45 | ||||||
| 11. | "What If I Knew" | 4:01 | |||||||
| 49:34 | |||||||||
| Cancións extra da edición xaponesa | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Duración | |||||||
| 11. | "Yer Son" | 2:51 | |||||||
| 12. | "Tiny Town" | 0:40 | |||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "New Album News... 'Beyond' will be released May 1st on Fat Possum Records". Dinosaur Jr. 2007-02-03. Archived from the original on 03 de febreiro de 2007. Consultado o 2019-04-03.
- ↑ Evandro Depiante (2009-07-15). "Dinosaur Jr. - Almost Ready (Live Letterman 2007)". Consultado o 2019-04-03.
- ↑ "New Dinosaur Jr Video – “Been There All The Time”". Stereogum. 2007-04-13. Consultado o 2019-04-03.
- ↑ "Dinosaur Jr. - Beyond (Estados Unidos)". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-04-04.
- ↑ "Dinosaur Jr. - Beyond (Europa)". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-04-04.
- ↑ "Dinosaur Jr. - Beyond (Europa)". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-04-04.
- ↑ "Dinosaur Jr. - Beyond (Nova Zelandia)". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-04-04.
- ↑ "Dinosaur Jr. - Beyond (Xapón)". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-04-04.
- ↑ "Dinosaur Jr. - Beyond (Ucraína)". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-04-04.
- ↑ "Dinosaur Jr. - Beyond". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-04-04.
- ↑ "Dinosaur Jr. - Beyond". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-04-04.
- ↑ "Dinosaur Jr. - Beyond". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-04-04.
- ↑ "Dinosaur Jr. - Beyond". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-04-04.