Mike Daum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mike Daum
Anadolu Efes SK
Información persoal
Nacemento 30 de outubro de 1995 (28 anos)
Nebrasca Kimball, Nebrasca
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 107 kg (235 lb)
Posición Ala-pivote
Información da carreira
Instituto Kimball (Kimball, Nebrasca)
Universidade South Dakota State (2015–2019)
NBA Draft 2019 / Rolda: Sen draftear
Carreira dende 2019
Historial de equipos
Obradoiro (2019–2021)
Derthona Basket (2021–2023)
Anadolu Efes (2021–2023)

Mike Daum, nado o 30 de outubro de 1995 en Kimball, Nebrasca, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente xoga para o Anadolu Efes SK turco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2019, Daum xogou a Liga de Verán da NBA cos Portland Trail Blazers.[1] O 27 de xullo de 2019, anunciouse a súa fichaxe por unha tempada polo Obradoiro CAB da Liga ACB.[2] O 21 de xullo de 2020, Daum e o Obradoiro chegaron a un acordo para renovar o contrato do xogador unha tempada máis.[3]

Tras dúas tempadas en Santiago de Compostela, Daum asinou co Derthona Basket, acabado de ascender á Lega Basket Serie A italiana.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dewald, Steve (26 de xuño de 2019). "Mike Daum Focused on Thriving with the Blazers, Sticking in the NBA". Blazer's Edge. Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  2. "O Monbus Obradoiro ficha a Mike Daum". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2019. Consultado o 27 de xullo de 2019. 
  3. "O Monbus Obradoiro e Mike Daum renovan o seu contrato por unha tempada". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2020. Consultado o 21 de xullo de 2020. 
  4. "Mike Daum continuará su carrera en el Tortona italiano". Piratasdelbasket.net. Consultado o 21 de xullo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]