Agricola escribiu o libro mentres traballaba nunha primeira tradución ao finés do Novo Testamento, publicada en 1548 baixo o título de Se Wsi Testamenti.
O "Abckiria" era un método de ensinanza de lectura e escritura. Contén o alfabeto, exercicios de pronunciación, e un catecismo (incluído os Dez mandamentos e a oración do Noso Pai). A primeira edición contaba con 16 páxinas. A segunda, realizada en 1551, tiña 24 follas.