Miguel Joaquín Eleicegui
Nome orixinal | (eu) Migel Joakin Eleizegi Ateaga |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) Miguel Joaquín de Eleicegui y Ateaga 6 de xullo de 1818 Altzo, España |
Morte | 20 de novembro de 1861 (43 anos) Altzo, España |
Outros nomes | Gigante Guipuzcoano |
Altura | 2,42 m |
Actividade | |
Ocupación | labrego, artista de circo |
Migel Joakin Eleizegi Ateaga, máis coñecido como o Xigante de Altzo (en éuscaro: Altzoko Handia), nado en Altzo o 6 de xullo de 1818 e finado ibídem o 20 de novembro de 1861, foi un home vasco moi popular na súa época pola súa grande altura. Exhibiuse por media Europa sendo recibido, entre outros, pola raíña Isabel II de España, a raíña María II de Portugal, o rei Lois Filipe I de Francia ou a raíña Vitoria do Reino Unido. Despois da súa morte, a súa lembranza perdurou no País Vasco, onde a súa vila natal aparece sempre asociada coa figura do "Xigante".[1]
Padecía a doenza de xigantismo, o que lle fixo medrar indefinidamente até a súa morte. Chegou a medir 2,42 metros de altura, a pesar 212 quilogramos e os seus zapatos medían 42 centímetros. As súas luvas medían 31 cm do dedo polgar ó maimiño e os sombreiros de copa 62 cm de circunferencia.[2]
No 2017, estreouse o filme vasco Handia, inspirado na súa vida.