Miguel Bañuz
Bañuz | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Miguel Bañuz Antón | ||
Nacemento | 26 de xuño de 1993 | ||
Lugar de nacemento | Elx | ||
Altura | 1,85 m. | ||
Posición | Porteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Cultural Leonesa | ||
Número | 1 | ||
Carreira xuvenil | |||
1997–2008 | Torrellano | ||
2008–2011 | Elche | ||
2011–2013 | Barcelona | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2012–2014 | Barcelona B | 5 | (0) |
2014–2016 | Villarreal B | 19 | (0) |
2016–2019 | Alcoyano | 75 | (0) |
2019–2021 | Andorra | 9 | (0) |
2021–2022 | Sanse | 36 | (0) |
2022–2023 | Alcoyano | 36 | (0) |
2023– | Cultural Leonesa | 19 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 17 de xaneiro de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Miguel Bañuz Antón, nado en Elx o 26 de xuño de 1993, é un futbolista español que xoga como porteiro na Cultural Leonesa, da Primeira División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar como gardameta de fútbol aos 4 anos no Torrellano,[1] incorporándose aos 15 á canteira do Elche, na que permaneceu tres anos, antes de fichar polo FC Barcelona.[2]
As súas boas actuacións co equipo xuvenil levárono ao Barça B de Eusebio Sacristán na tempada 2012/13, como terceiro porteiro.[3] Con todo, dispuxo de pouco tempo de xogo no filial barcelonista, que non renovou o seu contrato cando este finalizou, en 2014.
A continuación xogou unha tempada no Villarreal B e tres no Alcoyano, onde se afianzou na titularidade. En agosto de 2019 fichou polo Andorra, onde contou con pouca participación.[4] O 29 de xuño de 2021 fichou pola UD San Sebastián de los Reyes, da Primeira División RFEF,[5] onde recuperou a titularidade. Tras unha tempada no club madrileño, co que disputou 36 partidos, regresou ao Alcoyano, xogando outros 36 encontros.[6]
En xullo de 2023 asinou pola Cultural Leonesa.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Domènech, Oriol (27 de setembro de 2012). "Miguel Bañuz: Objetivo Camp Nou". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 17 de xaneiro de 2024.
- ↑ "El portero juvenil Miguel Bañuz deja el club ilicitano y se va al Barcelona". Diario Información (en castelán). 10 de xuño de 2011. Consultado o 17 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Miguel Bañuz, el que nunca se rinde". Mundo Deportivo (en castelán). 11 de marzo de 2013. Consultado o 17 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Els nous fitxatges del FC Andorra Miguel Loureiro i Miguel Bañuz ja llueixen la samarreta" (en catalán). 9 de agosto de 2019. Consultado o 17 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Miguel Bañuz tercer refuerzo de la U.D. Sanse para la 21/22". U. D. San Sebastián de los Reyes. 29 de xuño de 2021. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2021. Consultado o 17 de xaneiro de 2024.
- ↑ "El Alcoyano ficha a Bañuz y a Raúl Alcaina" (en castelán). 9 de xullo de 2022. Consultado o 17 de xaneiro de 2024.
- ↑ "La Cultural y Deportiva Leonesa incorpora a Miguel Bañuz". cydleonesa.com. 17 de julio de 2023. Consultado o 17 de julio de 2023.