Miguel Ángel Rodríguez González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaMiguel Ángel Rodríguez González
Biografía
NacementoEsgos, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de decembro de 2001 Editar o valor em Wikidata
Alto do Couso Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónveterinario , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsMario Rodríguez Editar o valor em Wikidata


Miguel Ángel Rodríguez González, chamado Chisco por mor da familia[1], nado en Esgos e finado o 3 de decembro de 2001 no Alto do Couso, foi un veterinario e político galego, alcalde de Esgos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Amelia González e José Manuel Rodríguez, propietarios dun coñecido restaurante local[2], sobriño de Manuel Ángel Rodríguez[3], político local que foi alcalde de Esgos moitos anos, Miguel Ángel Rodríguez estudou veterinaria.

Integrante da candidatura municipal de Alianza Popular que encabezaba seu tío, o alcalde Manuel Ángel Rodríguez, nas eleccións de 1987, a renuncia temporal do tío levouno á alcaldía entre 1987 e 1989[4], e foi de novo substituído polo tío ao cabo deses dous anos.

Foi xefe de saúde pública na delegación de Sanidade, e tamén adegueiro de viño, impulsor da adega Leirabella[2] (en Leiravella), enmarcada na denominación de orixe da Ribeira Sacra.


Predecesor:
Manuel Ángel Rodríguez
 
Alcalde de Esgos
 
1987 - 1989
Sucesor:
Manuel Ángel Rodríguez

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Faleceu nun accidente de moto no alto do Couso[4]. No enterro, oficiado polo bispo de Ourense, Carlos Osoro, falou Xosé Luís Baltar, daquela presidente da Deputación[1].

Anos despois do seu falecemento o irmán máis novo, Mario Rodríguez, tamén foi alcalde de Esgos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Aplausos en la despedida". La Voz de Galicia (en castelán). 2001-12-06. Consultado o 2022-01-06. 
  2. 2,0 2,1 "Amelia González, la gran matriarca de los Chisco". La Región (en castelán). 2022-01-06. Consultado o 2022-01-06. 
  3. Huete, Cristina (2012-07-22). "La maraña dinástica del baltarismo". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-01-06. 
  4. 4,0 4,1 "El ex-alcalde de Esgos Miguel Ángel Rodríguez pierde la vida en la carretera". La Voz de Galicia (en castelán). 2001-12-04. Consultado o 2022-01-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]