Manuel Ángel Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de maio de 1937 (87 anos) Esgos, España |
Alcalde de Esgos | |
1989 – 2003 ← Miguel Ángel Rodríguez | |
Alcalde de Esgos | |
1979 – 1987 – Miguel Ángel Rodríguez → |
Manuel Ángel Rodríguez Fernández, nado en Esgos o 1 de maio de 1937, é un político galego de centrodereita xa retirado que foi alcalde de Esgos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Presentouse ás primeiras eleccións da democracia encabezando a lista da UCD e obtivo un resultado superior ao 80% dos votos, cunha maioría absoluta. Repetiu a maioría absoluta de maneira sistemática nas seguintes convocatorias, con resultados superiores ao 80% e maiorías esmagadoras, pero encabezando distintas candidaturas. En 1983 fíxoo co Partido Galeguista-Coalición Galega, en 1987 con AP, en 1991 con Centristas de Galicia (só o 78%) dos votos, e en 1995 e 1999 co PPdeG (nesta última convocatoria, só o 73% dos votos).
En 1987 renunciou á alcaldía (pero mantivo a acta de concelleiro), e foi substituído polo sobriño Miguel Ángel Rodríguez González. Ao cabo de dous anos, en 1989, volveu á alcaldía.
Predecesor: ? |
Alcalde de Esgos 1979 - 1987 |
Sucesor: Miguel Ángel Rodríguez González |
Predecesor: Miguel Ángel Rodríguez González |
Alcalde de Esgos 1989 - 2003 |
Sucesor: Manuel Blanco Pérez |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]O sobriño, Mario Rodríguez, foi tamén despois alcalde de Esgos[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Huete, Cristina (2012-07-22). "La maraña dinástica del baltarismo". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-01-06.