Miguel Joaquín Eleicegui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Migel Joakin Eleizegi»)
Infotaula de personaMiguel Joaquín Eleicegui

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(eu) Migel Joakin Eleizegi Ateaga Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Miguel Joaquín de Eleicegui y Ateaga Editar o valor em Wikidata
6 de xullo de 1818 Editar o valor em Wikidata
Altzo, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de novembro de 1861 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Altzo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesGigante Guipuzcoano Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura2,42 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlabrego , artista de circo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua éuscara e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Migel Joakin Eleizegi Ateaga, máis coñecido como o Xigante de Altzo (en éuscaro: Altzoko Handia), nado en Altzo o 6 de xullo de 1818 e finado ibídem o 20 de novembro de 1861, foi un home vasco moi popular na súa época pola súa grande altura. Exhibiuse por media Europa sendo recibido, entre outros, pola raíña Isabel II de España, a raíña María II de Portugal, o rei Lois Filipe I de Francia ou a raíña Vitoria do Reino Unido. Despois da súa morte, a súa lembranza perdurou no País Vasco, onde a súa vila natal aparece sempre asociada coa figura do "Xigante".[1]

Padecía a doenza de xigantismo, o que lle fixo medrar indefinidamente até a súa morte. Chegou a medir 2,42 metros de altura, a pesar 212 quilogramos e os seus zapatos medían 42 centímetros. As súas luvas medían 31 cm do dedo polgar ó maimiño e os sombreiros de copa 62 cm de circunferencia.[2]

No 2017, estreouse o filme vasco Handia, inspirado na súa vida.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]