Metroxylon sagu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Metroxylon sagu é unha especie de palma do xénero Metroxylon, nativa da Asia tropical do sueste: Indonesia (Papúa Occidental, e as Moluccas), Papúa Nova Guinea, Malaisia (tanto na Malaisia Peninsular como en Sarawak) e posiblemente de Filipinas (aínda que aquí puido ser introducida).[1] Mais tamén naturalizada en Tailandia, Xava, Kalimantán, Sumatra e as Illas Salomón[2]

Descrición[editar | editar a fonte]

Metroxylon sagu é unha palma de múltiples talos, cada un medra de 7 a 25 metros e só rosea unha vez cunha grande inflorescencia terminal en posición vertial. Antes de rosear un talo produce arredor de 20 follas pinnadas de ata 10 m de lonxitude, e cada folla ten arredor de 150-180 folíolos de ata 175 cm de lonxitude. A inflorescencia mide de 3 a 7.5 m con 15 a 30 pólas de primeira orde que se curvan cara a arriba en espiral. Cada unha das pólas ten de 15 a 25 pólas de segunda orde dispostas disticamente e cada unha destas ten de 10 a 12 pólas ríxidas de terceira orde. Espiralmente nas pólas de terceiro orde dispóñense pares de flores, cada par consiste dunha flor macho e unha hermafrodita. O froito é unha drupa duns 5 cm de diámetro, cuberta de escamas que ao madurar pasan da cor verde brillante ao amarellada[3]

Cultivo e usos[editar | editar a fonte]

Ten un importante interese comercial ao ser a fonte principal do sagú, un amidón que se obtén tras tallar o talo durante a etapa de floración final. Utilízase na cociña para realizar tortas, pastas, pan e como espesante.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Germplasm Resources Information Network: Metroxylon sagu Arquivado 09 de abril de 2015 en Wayback Machine.
  2. Kew World Checklist of Selected Plant Families, Metroxylon sagu
  3. Schuiling, D.L. (2009) Growth and development of true sago palm (Metroxylon sagu Rottbøll) with special reference to accumulation of starch in the trunk: a study on morphology, genetic variation and ecophysiology, and their implications for cultivation. (PhD thesis Wageningen University).