Merops (mitoloxía)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Merops.
Varias figuras da mitoloxía grega teñen o nome Merops (Μέροψ) ou Mérops. Son as seguintes:
- Merops, rei de Etiopía (Aethiopia), marido de Clímene e pai adoptivo de Faetón, o cal era fillo da súa muller e Helios.[1]
- Merops, residente de Mileto, marido de Clímene (distinta da anterior) e pai de Pandareo.[2][3]
- Merops, rei de Percote, pai de dous fillos (Anfio e Adrasto), que foron matados por Diómedes na guerra de Troia, e de dúas fillas, Cleite, que era esposa de Cizico, e de Arisbe, que foi a primeira muller de Príamo. Merops tiña o don da profecía e vaticinou a morte os seus fillos, os cales ignoraron as súas advertencias.[4][5][6]
- Merops, un dos fillos de Triopas,[7] ou un autóctono (autochthon)[8] e rei de Cos (críase que esta illa recibira o seu nome polo dunha filla de Merops[9]). Casou coa ninfa Ethemea (ou, máis correctamente, Echemeia[9]), que foi matada a frechazos pola deusa Artemisa porque deixou de adorala. Cando Merops estaba a piques de suicidarse debido á dor pola morte da súa dona, a deusa Hera tivo piedade do desconsolado viúvo e situouno entre as estrelas coa forma dunha aguia, converténdose na constelación da Aguia (Aquila).[10] Merops foi o pai de Eumelo e avó dos fillos deste, Agrón, Bisa e Meropis, todos os cales foron coñecidos pola súa impiedade.[11] Clitia, filla de Euripilo de Cos,[12] e Titanis, que foi transformada por Artemisa nun cervo debido á súa beleza,[13] foron dadas como fillas de Merops.
- Merops, rei de Anthemousia, que loitou contra Sitón de Tracia pola man da filla deste último, Palene, e como resultado da loita morreu.[14]
- Merops, pai de Epione, a muller de Asclepio.[15]
- Merops, fillo de Hías, que foi o primeiro que fixo que a xente se asentase en poboados despois do gran diluvio da mitoloxía grega.[16]
- Merops, un bisneto de Temeno na seguinte xenealoxía dos Heráclidas: Heracles - Hilo - Cleodeo - Aristomaco - Temeno - Cisio - Testio - Merops - Aristodamis - Feidón - Carano.[17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ovidìo, Metamorphoses, 1. 760 ff & 2. 184
- ↑ Antoninus Liberalis, Metamorphoses, 36
- ↑ Pausanias, Descrición de Grecia, 10. 30. 2
- ↑ Homero, Ilíada, 2. 828 ff & 11. 328 ff
- ↑ Apolonio de Rodas, Argonautica, 1. 974 ff
- ↑ Bibliotheca 3. 12. 5
- ↑ Estéfano de Bizancio s. v. Merops
- ↑ Estéfano de Bizancio s. v. Kōs
- ↑ 9,0 9,1 Etymologicum Magnum, 507. 56
- ↑ Hixinio, Astronomía Poética, 2. 16
- ↑ Antoninus Liberalis, Metamorphoses, 15
- ↑ Teócrito, Idyll 7. 5 con escolios
- ↑ Eurípides, Helena, 382
- ↑ Conón, Narracións, 10
- ↑ Escolios na Ilíada, 4. 195
- ↑ Escolios na Ilíada, 1. 250
- ↑ Diodoro Sículo, Biblioteca de Historia, fragmentos do Libro 7, 17