Saltar ao contido

Adrasto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adrasto
Imaxe
 Instancia de
Obra
 Presente na obra
Biografía
 Sexo
Actividade
 Cargo ocupado
 Conflito
 Participou en
Familia
 Nai
Eurynome (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Pai
 Cónxuxe
Amphithea (en) Traducir
Demonassa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF309841222 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0kljy Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata

Adrasto, personaxe da mitoloxía grega. Rei de Argos, fillo de Tálao.

Lenda e características

[editar | editar a fonte]

Vítima da rivalidade dinástica, para se salvar tivo que fuxir a Corinto, onde reinaba Polibia. Consegue facerse co trono de Sición, ao casar coa herdeira. Ao morrer seu pai, faise rei de Argos, grazas á axuda de Anfiarao.

Tivo dúas fillas, Arxia e Deipile. Adrasto consulta o oráculo de Delfos para elixirlles esposos: o oráculo, enigmaticamente, recoméndalle dar ás fillas ao león e ao xabaril que combaten na súa casa.

Un día chegaron á súa casa dous heroes exiliados: Polinices de Tebas e Tideo de Calidone; cando combatían no patio do seu palacio, Adrasto acudiu para os afastar e concedeulles en matrimonio as súas fillas.

Dirixiu a expedición para repoñer a Polinices no trono de Tebas, pero fracasou.