Mergullete común
Mergullete común | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
En plumaxe da época reprodutora
| |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Podiceps ruficollis |
O mergullete común[2][3], ás veces chamado mergullón pequeno[4][5][6] e popularmente agurgullador,[4] mergullo,[4] merguillete,[4] megrillete,[7] pita da auga,[7] augarón[4], fonducho[4] e chupón,[4] (Tachybaptus ruficollis) é unha ave acuática da familia dos podicipédidos. O nome do xénero procede do grego antigo takhus, 'rápido' e bapto, 'afundirse debaixo'. O nome específico ruficollis procede do latín rufus, 'vermello' e -collis, derivado de collum, 'pescozo'.[8]
Cos seus 23 a 29 cm de lonxitude é o membro europeo menor da súa familia. Atópase xeralmente en corpos de auga da maior parte da súa área de distribución.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O mergullete común foi descrito polo naturalista alemán Peter Simon Pallas en 1764, que lle deu o nome binomial de Colymbus ruficollis.[9][10][11] O tricolored grebe foi considerado conespecífico, e algunhas autoridades taxonómicas aínda o consideran así. Hai seis subespecies recoñecidas actualmente, distinguidas principalmente polo tamaño e coloración.[12][13]
- T. r. ruficollis – (Pallas, 1764): a subespecie nominal, que se encontra desde Europa ao oeste de Rusia e cara ao sur ata o norte de África.[14]
- T. r. iraquensis – (Ticehurst, 1923): vive no sueste de Iraq e suroeste de Irán.[14]
- T. r. capensis – (Salvadori, 1884): atopado na África subsahariana, Madagascar, Sri Lanka e o subcontinente indio, espallándose cara ao leste ata Birmania.[14]
- T. r. poggei – (Reichenow, 1902): habita desde o sueste ao noroeste de Asia, Hainán, Taiwán, Xapón e illas Kuriles do sur.[14]
- T. r. philippensis – (Bonnaterre, 1790): atópase no norte de Filipinas.[14]
- T. r. cotabato – (Rand, 1948): en Mindanao, Filipinas.[14]
Descrición
[editar | editar a fonte]O mergullete común é unha pequena ave acuática con bico agudo. O adulto é inconfundible en verán, predominantemente escuro na parte superior co seu pescozo, meixelas e flancos de intensa cor marrón avermellada e interior da boca amarelo brillante. A cor marrón avermellada é substituída por un gris amarronado escuro en aves que non teñen a plumaxe non reprodutora e os xuvenís.
As aves xuvenís teñen un bico amarelo cunha pequena punta negra, e raias negras e brancas nas meixelas e laterais do pescozo vistas desde abaixo. Este bico amarelo escurécese a medida que van tendo máis idade, e chega a ser negro na idade adulta.
En inverno, o seu tamaño, plumaxe beixe cun dorso e cabeza máis escuros, e a parte posterior con forma de “borla” permite unha fácil identificación destas especies. A chamada reprodutora do mergullete común, feita tanto en solitario coma en dúo, é un trilo repetido uit-uit-uit ou ui-ui-ui que soa como o rinchar dun cabalo.
Distribución
[editar | editar a fonte]Reprodúcese en pequenas colonias en zonas con moita vexetación de lagos de auga doce ao longo de Europa, gran pare de Asia e cara ao sur ata Nova Guinea e a maioría de África. A maioría das aves desprázanse a augas costeiras ou máis abertas, pero é soamente migratoria naquelas partes da súa área de distribución onde se conxelan as augas. Fóra da estación reprodutora trasládase a augas máis abertas, ocasionalmente aparecendo incluso en costas de pequenas baías.[1] En Galicia a ave é sedentaria e chegan individuos invernantes.[5]
Comportamento
[editar | editar a fonte]O mergullete común é un nadador e mergullador excelente que persegue os peixes e invertebrados acuáticos baixo a auga. Aproveita a vexetación para agocharse eficazmente.
Como todos os mergullóns pequenos aniña na beira da auga, xa que as súas patas están situadas moi atrás no corpo e non pode camiñar ben. Xeralmente poñen de 4 a 7 ovos. Cando os adultos abandonan provisionalmente o niño adoitan ter coidado de cubrir os ovos con vexetción para que sexa menos probable que os detecten os predadores.[15] Os xoves deixan o niño e poden nadar pouco despois da eclosión, e os polos adoitan ser acarrexados sobre as costas dos adultos durante a natación.[16] Na India a especie reprodúcese durante a estación das chuvias.[17]
Galería
[editar | editar a fonte]-
En plumaxe reprodutora
-
Niño no bordo do lago en Jodhpur, Raxastán, India
-
Cría
-
Ovos de mergullete común na colección do Museo de Wiesbaden
-
Ilustración. Obsérvese a posición moi traseira das patas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 BirdLife International (2017). "Tachybaptus ruficollis (amended version of 2016 assessment)". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 25 de decembro de 2018.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.
- ↑ "mergullete común". TERGAL. Consultado o 17 de abril de 2024.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ 5,0 5,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Dicionario Digalego mergullón
- ↑ 7,0 7,1 Rivas Quintas, Elixio (1978). Santamarina, Antón, ed. "Merguillete". Dicionario de dicionarios. Frampas, contribución al diccionario gallego. Consultado o 20/12/2024.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 341, 377. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Mayr, Ernst; Cottrell, G. William (1979). Check-list of Birds of the World. Volume (1 Second ed.). Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. p. 143.
- ↑ Sherborn, C. Davies (1905). "The new species of birds in Vroeg's catalogue, 1764". Smithsonian Miscellaneous Collections 47: 332–341 [339 No. 281]. Includes a transcript of the 1764 text.
- ↑ Rookmaaker, L.C.; Pieters, F.F.J.M. (2000). "Birds in the sales catalogue of Adriaan Vroeg (1764) described by Pallas and Vosmaer". Contributions to Zoology 69 (4): 271–277. doi:10.1163/18759866-06904005.
- ↑ Ogilvie, Malcolm; Rose, Chris (2003). Grebes of the World. Bruce Coleman. ISBN 978-1-872842-03-5.
- ↑ Gill, F.; Donsker, D., eds. (2014). "IOC World Bird List (v 4.4)". doi:10.14344/IOC.ML.4.4.
- ↑ 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 14,5 Clements, James (2007). The Clements Checklist of the Birds of the World (6th ed.). Ithaca, NY: Cornell University Press. ISBN 978-0-8014-4501-9.
- ↑ Prokop, Pavel; Trnka, Alfréd (2011). "Why do grebes cover their nests? Laboratory and field tests of two alternative hypotheses" (PDF). Journal of Ethology 29: 17–22. doi:10.1007/s10164-010-0214-4. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de abril de 2012. Consultado o 10 de agosto de 2019.
- ↑ Finn, Frank (1905). "Notes on the nesting of the Indian Dabchick". Bird Notes 4: 10–17.
- ↑ Dalgliesh, Gordon (1906). "Notes on the Indian Podicipedidae". The Avicultural Magazine 5 (2): 65–72.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mergullete común |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Mergullete común |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Blasco-Zumeta, Javier; Heinze, Gerd-Michael. "Little grebe" (PDF). Identification Atlas of Aragon's Birds. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de agosto de 2019. Consultado o 10 de agosto de 2019.
- BTO BirdFacts - Mergullete común
- Grebes of the World de André Konter
- Información e ilustración sobre o mergullete común en A Field Guide to Birds of Armenia
- Folla de datos de BirdLife species para Tachybaptus ruficollis
- {{{2}}} en Avibase
- Vídeos, fotos, e sons de Mergullete común na Internet Bird Collection
- Galería de fotos de Mergullete común en VIREO (Universidade de Drexel)
- Tachybaptus-ruficollis - Gravacións de sons de Little grebe en Xeno-canto.