Melibiosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Melibiosa
Identificadores
Número CAS 585-99-9
PubChem 11458
ChemSpider 10974
UNII 9B1VBE526I
MeSH Melibiose
ChEBI CHEBI:28053
ChEMBL CHEMBL1159652
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C12H22O11
Masa molar 342,30 g mol−1
Punto de fusión 84–85 °C; 183–185 °F; 357–358 K

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A melibiosa é un disacárido redutor formado por unha galactosa e unha glicosa unidas por enlace glicosídico α-1,6 (por tanto, é D-Gal-α(1→6)-D-Glc).[1][2] Diferénciase da lactosa na quiralidade no carbono no que se pecha o anel da galactosa (na lactosa está en forma β) e en que a glactosa está unida a un carbono diferente da glicosa (na lactosa é o C4). Pode formarse por unha hidrólise mediada por unha invertase da rafinosa, que rende melibiosa e frutosa. A melibiosa pode degradarse nos seus compoñentes sacáridos, glicosa e galactosa, por un encima alfa-galactosidase, como o MEL1 de Saccharomyces pastorianus (lévedo da cervexa lager). O lévedo Saccharomyces cerevisiae (lévedo da cervexa ale) non pode usar a melibiosa,[3] o que serve como proba para diferenciar estas dúas especies de lévedos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Thisbe K. Lindhorst (2007). Essentials of Carbohydrate Chemistry and Biochemistry (1 ed.). Wiley-VCH. ISBN 3527315284. 
  2. John F. Robyt (1997). Essentials of Carbohydrate Chemistry (1 ed.). Springer. ISBN 0387949518. 
  3. Bokulicha. Nicholas A. & Bamforth. Charles W. (1 de xuño de 2013). "The Microbiology of Malting and Brewing". American Society for Microbiology. pp. 157–172. Consultado o 2 de maio de 2015.