Melibea Obono

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Melibea Obono
Melibea Obono.jpg
Nacemento1982
 Guinea Ecuatorial
NacionalidadeGuinea Ecuatorial
Alma máterUniversidade de Murcia e Universidade de Salamanca
Ocupaciónnovelista, xornalista, politicóloga, investigadora e profesora universitaria
editar datos en Wikidata ]

Trifonia Melibea Obono Ntutumu, nada en Afaetom (Evinayong) o 27 de novembro de 1982, é unha xornalista e politicóloga, escritora, docente e investigadora ecuatoguineana, coñecida como Melibea Obono. As súas investigacións céntranse en temas de muller e xénero en África.

Traectoria[editar | editar a fonte]

Trifonia Melibea Obono Ntutumu Obono é Licenciada en Ciencias Políticas e Xornalismo pola Universidade de Murcia, onde realizou un mestrado en Cooperación Internacional e Desenvolvemento.[1]

É docente na Facultade de Letras e Ciencias Sociais da Universidade Nacional de Guinea Ecuatorial en Malabo.[1] Forma parte do equipo do Centro de Estudos Afro-Hispánicos (CEAH) da Universidade Nacional de Educación a Distancia.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

En 2015 o seu relato "La negra" foi incluído na antoloxía Voces femeninas de Guinea Ecuatorial. Una antología editada por Remei Sipi.[1] Nel conta a historia dunha rapaza ecuatoguineana que se ve obrigada a prostituírse para poder finalizar os seus estudos en España.[3]

En 2016 publicou a súa primeira novela, Herencia de bindendee.[1] Nela trata a desigualdade de xénero na tribo fang, a súa tribo de orixe. Ademais trata tamén as complexas relacións entre España e Guinea Ecuatorial. A acción desenvólvese nun poboado fang do século XXI, sen luz eléctrica nin auga potable e lonxe dunha cidade. A trama céntrase no embarazo dunha nai de seis nenas e a expectación que crea o xénero do futuro fillo xa que só un varón herdará o nome e as propiedades da familia, nas que están incluídas as mulleres. Elas son as bindendee.[4]

Tamén en 2016 publicou La bastarda, a historia de Okomo, a filla adolescente dunha nai solteira fang, que vivía co avó Osá o Descalzo e as súas dúas esposas, unha delas a súa avoa Adà, primeira esposa de Osá e responsable da súa educación. Okomo non é aceptada na comunidade fang pola súa condición de bastarda. O problema é a dote que debeu entregar o seu pai ao seu avó. Pero esta novela trata tamén da identidade de xénero e a orientación sexual: ser fam e mina como o seu tío, ou ser lesbiana como a protagonista. É a primeira obra escrita por unha autora ecuatoguineana na que se abordan estes temas.[3] O Seu tío ademais será o causante das desgrazas que ocorren na aldea, sobre todo ao negarse a fecundar a muller do seu irmán estéril. Pero non só será atacado pola tradición senón tamén pola Igrexa.[5]

En 2017 publicou La albina del dinero, onde conta a historia dunha moza albina que é fonte de riqueza para a súa familia pola súa característica única.[6] En 2018 publicou un libro de relatos centrados na sociedade fang e o papel das mulleres.[7]

Todas as súas obras están realizadas desde unha perspectiva feminista, facendo visibles as desigualdades e inxustizas que sofren as muleres e en especial as mulleres africanas e as lesbianas. Escribe para dar resposta a esas cuestións que sempre se formulou, malia as dificultades que sorteou pola súa procedencia para lograr publicar.[8][9][10]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio Internacional de Literaturas Africanas Justo Bolekia Boleká 2018 por Las mujeres hablan mucho y mal.[11]
  • Premio GLLI 2019 (Global Literature in Libraries Initiative) por La bastarda.[12][13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Biografías de autores sobre la literatura africana en español". Biblioteca Virtual Cervantes. 
  2. "Miembros". CEAH (en castelán). 6 de maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2019. Consultado o 5 de febreiro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Licata, Stefania (2017). "Tránsitos entre África y Europa: proyectos culturales e imaginarios postcoloniales" (PDF). Stony Brook University. 
  4. "El hombre blanco de piel negra". docplayer.es. Consultado o 5 de febreiro de 2019. 
  5. Edzodzomo Ondo, Hubert. "Reconocimiento, negación y exclusión de las identidades sexuales en Le Pacte d’Afia (2009) y La bastarda (2016)" (PDF). 
  6. Lapeña, Silvia Cruz. "Altaïr Magazine" (en castelán). Consultado o 5 de febreiro de 2019. 
  7. "Las mujeres hablan mucho y mal". Grupo Editorial Sial Pigmalión (en castelán). Consultado o 5 de febreiro de 2019. 
  8. "Trifonia Melibea Obono: «En España me llaman "la negra", en Guinea Ecuatorial "la españolita"»". ABC (en castelán). 12 de diciembre de 2016. Consultado o 5 de febreiro de 2019. 
  9. Obono, Trifonia Melibea (9 de xaneiro de 2018). "10 mitos sobre mujeres que aman a otras mujeres en Guinea Ecuatorial". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 5 de febreiro de 2019. 
  10. "“La homosexualidad en África no la trajeron los blancos, la homofobia tampoco”". Píkara Magazine (en castelán). Consultado o 5 de febreiro de 2019. 
  11. Basilio. "Premio Internacional de Literaturas Africanas «Justo Bolekia Boleká» 2018". Sial Pigmalión (en castelán). Consultado o 5 de febreiro de 2019. 
  12. Hildebr, Rachel (25 de xaneiro de 2019). "2019 GLLI Translated YA Book Prize Winner and Honor Books Announced" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2019. 
  13. "Trifonia Melibea Obono Ntutumu ha ganado un premio GLLI por su novela “La bastarda”". Diario Utamboni (en castelán). Consultado o 5 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]