Melchiorre Delfico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Melchiorre Delfico
Nacemento1 de agosto de 1744
Lugar de nacementoMontorio al Vomano
Falecemento22 de xuño de 1835
Lugar de falecementoTéramo
NacionalidadeReino de Nápoles, San Marino e Reino das Dúas Sicilias
Ocupacióneconomista, numismático e filósofo
editar datos en Wikidata ]

Melchiorre Delfico, nado en Teramo o 1 de agosto de 1744 e finado na mesma vila o 2 de xuño de 1835, foi un economista, filósofo, político e numismático napolitano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Delfico naceu en Teramo, na rexión dos Abruzos (entón no Reino de Nápoles) e foi educado en Nápoles.

Adicouse especialmente ao estudo da xurisprudencia e da economía política, e as súas numerosas publicacións exerceron unha grande influencia práctica na corrección e extinción de moitos abusos. En virtude de Xosé Bonaparte Delfico fíxose conselleiro de Estado, cargo que ocupou até a restauración de Fernando IV, cando foi nomeado presidente da comisión dos arquivos, da que se xubilou despois de 1825.

Parallelamente, nos inicios da década de 1780 apaixonouse polo coleccionismo, en particular de libros antigos e de moedas romanas e da época prerromana.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

Entre as súas obras máis importantes están:

  • Saggio filosofico sul matrimonio (1774).
  • Memoria sul Tribunale della Grascia e sulle leggi economiche nelle provincie confinanti del regno (1785), que conduciu á abolición en Nápoles das máis irritantes e absurdas restricións en canto á venda e exportación de produtos agrícolas.
  • Riflessioni su la vendita dei feudi (1790) e Lettera a Sua Ecc. sig. Duca di Cantalupo, que levou á supresión dos dereitos feudais sobre os bens raíces e a súa venda.
  • Ricerche sul vero carattere della giurisprudenza Romana e dei suoi cultori (1791) e Pensieri sulla Istoria e su l'incertezza ed inutilità della medesima (1806), ambos sobre a historia temperá de Roma.
  • Della antica numismatica della città di Atri nel Piceno con un discorso preliminare su le origini italiche. Teramo, Angeletti (1824).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ponziani, L; Sgattoni, M. (2004). I luoghi della storia a Teramo - Il Palazzo Dèlfico. Edigrafital. Páxina 111.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mozzetti, F. Degli studii, delle opere e delle virtù di Melchiorre Delfico. Tersamo. 1835.