Antonio Carballeira Muñiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Carballeira Muñiz
Nacemento1910
 Meirás, Sada
Falecemento12 de agosto de 1936
 Veigue
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Antonio Carballeira Muñiz, nado en Meirás (Sada) en 1910 e falecido en Veigue[1] o 12 de agosto de 1936, foi un sindicalista sadense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Labrego e albanel da parroquia sadense de Meirás, desenvolveu as súas actuacións no ámbito do sindicalismo agrario e do comunismo. Directivo e fundador da Asociación Agraria de Meirás (1931-1932), do Sindicato de Profesiones Varias de Meirás (1932-1936) e do Ateneo de Cultura Política y Social de Sada (1935-1936). Foi, asemade, directivo do Radio Comunista de Sada e, como tal, integrante da Comisión encargada de realizar a campaña en prol do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936.

Co comezo da guerra civil agochouse nos montes de Meirás, na compaña de Juan Antonio Suárez Picallo, Manuel Prego Chas, José Mosquera Rey e Gumersindo Montero. A comezos de agosto trasladáronse os tres primeiros á Coruña, onde foron delatados e capturados polos falanxistas. Logo de sufriren torturas, foron asasinados. Os seus cadáveres apareceron o 12 de agosto do 1936 no monte das Abeleiras, na parroquia de Veigue.

En decembro do 2007 inaugurouse en Sada unha pedra cunha placa en homenaxe aos represaliados polo franquismo, onde figura o nome de Antonio Carballeira.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alí foi atopado o seu cadáver. Onde morreu non se sabe de certo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Velasco Souto, C.: 1936. Represión e alzamento militar en Galiza, A Nosa Terra, 2006.
  • Fernández Santander, C.: Alzamiento y Guerra Civil en Galicia. 1936-1939, Ediciós do Castro, 2007.
  • Arquivo do Reino de Galicia, Fondo do Goberno Civil, G-2552 e G-2563.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]