Sindicato de Profesiones Varias de Meirás
Sindicato de Profesiones Varias de Meirás | |
---|---|
Tipo | sindicato |
Data de fundación | 1932 |
Organización matriz | Confederación Nacional do Traballo |
Sede | Meirás |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Sindicato de Profesiones Varias de Meirás é un sindicato fundado no ano 1932 na parroquia sadense de Meirás a partir da Asociación Agraria de Meirás, artellada un ano antes.
Características
[editar | editar a fonte]Directiva
[editar | editar a fonte]No 1932 a súa directiva estaba formada por Emilio Corral Sánchez (Presidente), José María Fernández González (Vicepresidente), Manuel Martín Regueiro Sánchez (Secretario), José Chas Muñiz (Vicesecretario), Antonio Carballeira Muñiz (Tesoureiro-Contador), José Babío Portela (Vocal 1º) e Manuel Pardo Babío (Vocal 2º). En torno ao 1933, o seu Presidente era Manuel Prego Chas.
Actuación sindical e cultural
[editar | editar a fonte]Estará vinculado á CNT, e formará parte da Federación Comarcal de Sindicatos de Betanzos (1931-1936) e da Federación Comarcal de Sindicatos de Sada (1936).
No 1933, vencellado ao Sindicato, nacerá o Centro de Estudios Sociales Generación Consciente, coa intención de crear unha biblioteca, organizar conferencias e dotar á parroquia de escolas libres.
A partir do ano 1933, especialmente conflitivo en Galicia, protagonizará un soado conflito co párroco de Meirás, Benigno Mayo Novo, e o propietario dunha leira de Meirás, José Gayoso Barral, que subira drasticamente a renda que cobraba ás dúas familias que a traballaban. Coa colaboración do Sindicato de Oficios Varios de Sada, a Federación Comarcal de San Pedro de Nós, a Federación Comarcal de Betanzos e a CNT tomaríase a leira pola forza en varias ocasións, indo tamén en manifestación a Betanzos. As intervencións, durante o Bienio Radical-Cedista, dos gardas de asalto ocasionarían violentos altercados, con numerosas detencións que lle darían ao conflito dimensións estatais. Finalmente, o párroco sería expulsado da parroquia polos veciños e a casa reitoral socializada.
Guerra Civil
[editar | editar a fonte]O Sindicato de Profesiones Varias de Meirás foi disolto coa sublevación militar do 1936, e dous dos seus membros, Antonio Carballeira Muñiz e Manuel Prego Chas, asasinados.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Arquivo do Reino de Galicia - Fondo Goberno Civil - G-2552