Medallic Art Company
Medallic Art Company | |
---|---|
Tipo | Deseño e produción de medallas. |
Fundación | 1903 |
Matriz | Medalcraft Mint, Inc. |
Localización | Dayton,Nevada Estados Unidos |
Fundador | Henri Weil. |
Produtos | Medallas, premios e condecoracións. |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Medallic Art Company, Ltd., con sede en Dayton, Nevada, foi unha importante ceca privada estadounidense, especializada na produción de medallas e condecoracións.
Logo da súa creba en 2018, a American Numismatic Society adquiriu o importante arquivo da compañía, composto por medallas de arte, cuños, moldes de xeso, galvanos, fotografías e outros materiais, que puxo ao dispor dos investigadores a través do Proxecto MACO.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Henri Weil, un reputado escultor francés residente en Nova York, foi o fundador da Medallic Art Company en 1903.[2][3] Henri e o seu irmán Felix, traballaba na compañía Deitsch Brothers, dedicada á produción de adornos mediante cuños para bolsos de muller, e cando este estilo deixou de estar de moda os irmáns comezaron a utilizar as prensas e os equipamentos para cuñar medallas, e comopráronlle a Deitsch o que se convertería na Medallic Art Company. Unha das súas primeiras encargas foi a Medalla Hudson-Fulton, de Círculo de Amigos do Medallón, en 1909.[4][5]
Nun principio, a Medallic Art Company estaba localizada en Manhattan, Nova York, e en 1972 trasladou as súas instalacións a Danbury, Connecticut. En 1991 sufriu un novo traslado, a Sioux Falls, en Dakota do Sur, e finalmente en 1991 situou a súa sede definitiva en Dayton, Nevada,[2] onde dispuxo dunhas instalacións de 10.700 metros cadrados.[3]
En agosto de 1971, Joseph B. Hartzog, director do Servizo de Parques Nacionais, adxudicoulle un contrato á compañía Roche Jaune Inc., de Kalispell, Montana, para a produción de 37 medallas dunha serie denominada "Centenario dos Parques Nacionais", con representación de escenas de cada un dos parques nacionais dos Estados Unidos. Estas medallas, deseñadas por Frank Hagel, foron cuñadas nas instalacións da Medallic Art Company, daquela aínda en Nova York.[6]
En xullo de 2009, a Medallic Art Company foi adquirida por Northwest Territorial Mint.[7] Esta compañía declarouse en creba en abril de 2016 e,[8] en 2018, logo dun longo procedemento de disolución, a empresa Medalcraft Mint, Inc.,[9] comprou o nome comercial da Medallic Art Company, así como o seu sitio web, a carteira de clientes, as ferramentas, a maquinaria, algúns cuños e outros bens. Pola súa banda, os arquivos e arredor de 20.000 cuños anteriores a 1998 foron adquiridos pola American Numismatic Society, unha institución con sede en Nova York dedicada á promoción e ao estudo da numismática e da medallística.[10]
A Medallic Art Company encargouse de producir algúns dos galardóns máis prestixiosos do mundo, entre eles o Premio Pulitzer, a Medalla de Honra do Congreso, a Medalla Nacional da Ciencia e a Medalla Presidencial da Liberdade, así como as medallas de investidura de once presidentes dos Estados Unidos.[2][3][4] Tamén son salientables dúas series producidas, respectivamente, para o Círculo de Amigos do Medallón[11] e para a Sociedade de Medallistas.[12]
Esta compañía produciu traballos en baixorrelevo dalgúns dos escultores estadounidenses máis sobranceiros da súa época, como Augustus Saint-Gaudens, Daniel Chester French (autor do Lincoln Memorial de Washington) ou Gutzon Borglum (autor das esculturas do Monte Rushmore).[3]
A Medallic Art Company tivo tamén relacións comerciais puntuais coa Casa da Moeda dos Estados Unidos, sobre todo para a preparación de matrices para emisións de moedas conmemorativas. Unha das colaboracións máis salientables foi a creación das matrices a partir das cales os gravadores da Casa da Moeda de Filadelfia elaboraron os cuños para a serie de moedas conmemorativas da Exposición Panamá-Pacífico, en 1915.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Medallic Art Company Archives". American Numismatic Society.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Medallic Art Company Announces New Web Site Arquivado 12 de xuño de 2022 en Wayback Machine.". En Coin Week. 15 de decembro de 2010.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Medallic Art Co., Ltd". Canterbury Museum.
- ↑ 4,0 4,1 Alexander, D. T. (2005). "The Society of Medalists: America's Premier Art Medal Series". En The MCA Advisory. Vol 8. Nº 4. Abril. Páxina 8.
- ↑ "The Circle of Friends of the Medallion 1st Issue": New-York Historical Society Museum & Library.
- ↑ "An Invitation to the Residents of Northwest Montana from Roche Jaune Inc. of Kalispell". En The Daily Inter Lake. 9 de abril de 1972. Páxina 22.
- ↑ "Mint celebrates more than state's 150th anniversary". Las Vegas Review-Journal. 25 de agosto de 2013.
- ↑ "Former Northwest Territorial Mint President Ross Hansen Indicted for Fraud Arquivado 21 de decembro de 2022 en Wayback Machine.". En Coin Week. 27 de abril de 2018.
- ↑ "History". Metalcraft Mint, Inc.
- ↑ "Acquisition - Medallic Art Company Archives". 28 de setembro de 2018. American Numismatic Society.
- ↑ "Circle of Friends of the Medallion 2nd Medal". Johnson Museum of Art. Cornell University.
- ↑ "The Society of Medalists First Issue". American Numismatic Association.
- ↑ Burdette, R. W. (2007). Renaissance of American Coinage, 1909-1915. Seneca Mill, Great Falls. Páxinas 289-290. ISBN 978-0-9768986-2-7
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Medallic Art Company |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web da Medalcraft Mint Arquivado 12 de xuño de 2022 en Wayback Machine.
- Arquivos da Medallic Art Company