Mazarrón
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Rexión de Murcia | ||||
Capital | Mazarrón | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 34.462 (2023) (108,03 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 319 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 55 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Ginés Campillo Méndez | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 30870 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 30026 | ||||
Sitio web | mazarron.es | ||||
Mazarrón é un municipio da Rexión de Murcia, pertencente á comarca do Bajo Guadalentín. Componse de dous núcleos: Puerto de Mazarrón, que é onde se atopan as praias e o turismo, e Mazarrón, que é o centro urbano.
Limita cos municipios de Cartagena e Fuente Álamo de Murcia ao leste, cos de Alhama de Murcia e de Totana ao norte, co de Lorca ao oeste e co mar Mediterráneo ao sur. Ten unha extensión de 318,7 km² e unha poboación de 34.351 habitantes en todo o municipio (segundo INE 2008). Atópase a 25 metros sobre o nivel do mar e dista 70 km da capital da Rexión, Murcia. Mazarrón e Puerto de Mazarrón teñen unha importante oferta turística e gastronómica.
En Puerto de Mazarrón atopáronse os barcos fenicios máis antigos do mundo, concretamente na Praia da Illa.