Saltar ao contido

Mazarico escolopáceo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mazarico escolopáceo
 Nome taxon
    Limnodromus scolopaceus
Thomas Say 1822 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
 Conservación
Especie case ameazada
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeCharadriiformes
FamiliaScolopacidae
XéneroLimnodromus
EspecieLimnodromus scolopaceus Editar o valor en Wikidata
(Say, 1822) Limnodromus scolopaceus Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
   104 g peso adulto Editar o valor en Wikidata
 Envergadura
   49 cm Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/01tww9 Editar o valor en Wikidata
ITIS176679 Editar o valor en Wikidata
OTT530284 Editar o valor en Wikidata
UICN22693348 Editar o valor en Wikidata
CoL72DFK Editar o valor en Wikidata
EOL45509181 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O mazarico escolopáceo ou becacina escolopácea (Limnodromus scolopaceus) é unha especie de ave limícola de mediano tamaño. O nome do xénero Limnodromus procede do grego antigo limne, 'marisma' e dromos, 'corredor'. O nome específico, scolopaceus, é de orixe neolatina, que significa 'similar á becacina', de scolopax, scolopacis.[1]

Os adultos teñen patas amareladas e un peteiro longo e escuro. O seu corpo é marrón escuro na parte superior e avermellado na inferior coa gorxa e peito con pintas e barras nos flancos. A cola ten un patrón barrado negro e branco. A plumaxe de inverno de adultos e xuvenís é predominantemente gris.

O seu hábitat reprodutor é a tundra húmida do norte distante de Norteamérica e do leste de Siberia. Aniñan no chan, xeralmente preto da auga.

Migran ao sur dos Estados Unidos e chegan polo sur ata América Central. O mazarico escolopáceo é un raro visitante de Europa occidental, e algúns individuos permanecen en Europa durante longos períodos. Pode verse en Galicia como ave accidental moi rara.

Aliméntanse sondando co peteiro en augas pouco profundas e na lama. Comen principalmente insectos, molusocs, crustáceos e vermes mariños e algúns vexetais.

É máis probable velo preto de zonas de auga doce que o seu conxénere o mazarico cincento.

  1. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 227, 351. ISBN 978-1-4081-2501-4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.