Max Cahner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Max Cahner
Cross of Saint George (Catalan Government Award).svg
Max Cahner.jpg
Nome completoMax Emanuel Cahner i Garcia
Nacemento3 de decembro de 1936
 Bad Godesberg
Falecemento14 de outubro de 2013
 Barcelona
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Barcelona e Institució Cultural del CIC
Ocupaciónescritor, político, editor literario, historiador, empresario, catedrático de universidade e historiador da literatura
PremiosCreu de Sant Jordi e Medalha de Ouro da Generalidade da Catalunha
editar datos en Wikidata ]

Max Emanuel Cahner i Garcia,[1] nado en Bad Godesberg o 3 de decembro de 1936 e finado en Barcelona o 14 de outubro de 2013, foi un editor, político e historiador da literatura catalán.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus pais, Max Emanuel Cahner Bruguera e María del Sagrario García Fuertes, contraeron matrimonio en Barcelona o 20 de xuño de 1929 e emigraron a Alemaña antes do seu nacemento por mor da guerra civil española. Debido á persecución que sufrían as persoas de orixe xudía baixo o réxime de Hitler, a familia volveu a España en 1937.[3] Despois de vivir unha tempada en Galicia, volveron todos a Barcelona.[3]

En 1952 matriculouse nas facultades de Química e de Dereito da Universidade de Barcelona, onde coñeceu a Albert Manent. Obtivo a Licenciatura en Ciencias Químicas e o Doutoramento en Filosofía e Letras pola Universidade de Barcelona e participou no movemento estudantil antifranquista como membro da Assemblea Lliure do Paranimf (1957). En 1964 foi expulsado de España pola súa actividade nacionalista. Foi profesor de literatura catalá na Universidade de Barcelona dende 1975 ata que se xubilou, en 2006.[4]

Xunto a Ramon Bastardes impulsou a nova época da revista Serra d'Or (1959) e en 1962 creou Edicions 62 que dirixiu até 1969. En 1972 fundou Curial, Edicions catalanes. Foi un dos principais promotores da Gran Enciclopèdia Catalana así como da campaña el català al carrer. En 1985 foi nomeado presidente da Universidade Catalá de Verán que se celebra na localidade francesa de Prades e director da nova etapa da Revista de Catalunya.

Foi un dos fundadores de Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) en 1976. Entre 1980 e 1984 exerceu o cargo de Conseller de Cultura e Medios de Comunicación da Generalitat de Cataluña. Foi comisario do proxecto do Teatre Nacional de Catalunya, cargo que ocupou ata que en 1992 dimitiu por diverxencias con Josep Maria Flotats. En 1994 abandonou CDC, fundando o seu propio partido, Acción Catalá, que acabou aliándose con Esquerra Republicana de Catalunya. En 1996, foille outorgada a Creu de Sant Jordi.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Història de la Revista de Catalunya > Max Cahner". Consultado o 14 de outubro de 2013. 
  2. "Fallece Max Cahner, cofundador de CDC y 'exconseller' de Cultura con Jordi Pujol". 14 de outubro de 2013. Consultado o 14 de outubro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 Pujadas 2005, p. 229.
  4. "Gran Enciclopèdia Catalana - Max Cahner i Garcia". Consultado o 14 de outubro de 2013. 
  5. "Mor als 76 anys Max Cahner, exconseller i gran impulsor de la cultura catalana". 14 de outubro de 2013. Consultado o 14 de outubro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]