Mate de coca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O mate de coca ou té de coca (do quechua kuka mat'i) é unha infusión de follas de coca das rexións andinas de Bolivia e do Perú. A súa presenza abrangue tamén outros países andinos, como Ecuador, o norte de Chile, algunhas zonas de Colombia e todo o norte da Arxentina.

É unha bebida consumida como estimulante e tamén para curar o soroche ou mal de montaña. Posúe, amais, un valor simbólico.[1] A bebida ten efectos enerxizantes similares aos do café.

A venda e consumo das follas de coca é legal no Perú, Colombia e Bolivia, e tamén é moi común no norte da Arxentina. Nos restaurantes, ao finalizar a comida, é común ofrecer mate de coca en bolsas filtrantes para estimular a dixestión. Pode ser endulzado con azucre ou mel.

Plantas utilizadas[editar | editar a fonte]

Polo xeral, utilízanse catro variedades de plantas da familia das Erythroxylaceae: [2][3]

  • E. coca var. coca
  • E. coca var. ypadu (coca amazónica)
  • E. novogranatense var. novogranatense (coca boliviana)
  • E. novogranatense var. truxillense (coca de Trujillo)

Características[editar | editar a fonte]

A infusión conserva algunhas propiedades farmacolóxicas da folla de coca. A comercialización en bolsas filtrantes é legal no Perú e Bolivia, do mesmo xeito que a fariña de coca.[4]

É de cor verde amarelenta. Ten un lixeiro sabor amargo, parecido ao té verde, mais lixeiramente máis doce.

Usos en Suramérica[editar | editar a fonte]

Uso medicinal[editar | editar a fonte]

O consumo de mate de coca é común en varios países de Suramérica. Os pobos indíxenas das montañas dos Andes emprégano con fins medicinais e relixiosos.[5]

O consumo de mate de coca e o mascado das follas de coca incrementan a absorción do osíxeno no sangue. En consecuencia, axudan a combater o mal de montaña e favorecen a dixestión. Ademais, ten un efecto carminativo, é dicir, favorece a expulsión de gases do tubo dixestivo.

A fariña de coca consiste en follas de coca moídas finamente. Pode empregarse como o café nunha máquina de café, para obter unha bebida máis forte e concentrada.

Turismo[editar | editar a fonte]

Nos "Camiños do Inca" a Machu Picchu os guías ofrecen mate de coca frecuentemente en cada comida, para aliviar o mal de montaña.[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Agustín Guzmán. "La hoja de coca no es alucinógena". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 2021-05-11. 
  2. Engelke, Beatriz Ferreira; Gentner, Walter A. (1991-01). "Determination of Cocaine in “Mate de Coca” Herbal Tea" (en inglés) 80 (1): 96. doi:10.1002/jps.2600800123. Consultado o 3 de agosto de 2020. 
  3. Bieri, Stefan; Brachet, Anne; Veuthey, Jean-Luc; Christen, Philippe (2006-02). "Cocaine distribution in wild Erythroxylum species" (en inglés) 103 (3): 439–447. doi:10.1016/j.jep.2005.08.021. Consultado o 3 de agosto de 2020. 
  4. Bel, Pierina Pighi (4 de outubro de 2018). "Por qué la DEA permite a una empresa de EE.UU. importar hoja de coca de Perú para la fabricación de cocaína". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 3 de agosto de 2020. 
  5. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2006. Consultado o 27 de outubro de 2006.  Substances that produce addiction - Universidad de Buenos Aires
  6. http://www.43places.com/entries/view/737664 Arquivado 19 de marzo de 2008 en Wayback Machine. What's the best way to prevent altitude sickness?
  7. http://www.virtualtourist.com/travel/South_America/Peru/Departamento_de_Cusco/Cusco-1609235/Warnings_or_Dangers-Cusco-Altitude_Sickness_Soroche-BR-1.html Altitude Sickness - Soroche, Cusco by Virtual Tourist