Matías Prats Luque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Matías Prats Luque
Matías Prats Luque en 2010 (recorte).jpg
Matías Prats no plató de Antena 3 Noticias
Nome completoMatías Prats Luque
Nacemento14 de setembro de 1952 (66 anos)
LugarMadrid
NacionalidadeEspañola
Educado enUniversidade San Pablo CEU
PaiMatías Prats Cañete
Cónxuxe(s)Mayte Chacón García
(1984 - 2013)[1][2]
FillosMatías Prats Chacón
ProfesiónXornalista e presentador
Coñecido/a porPresentar as noticias
editar datos en Wikidata ]

Matías Prats Luque, nado en Madrid o 14 de setembro de 1952, é un xornalista español, ó igual que o seu pai Matías Prats Cañete, e o seu fillo, Matías Prats Chacón.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito e en Xornalismo comenzou a súa carreira na emisora de radio La Voz de Madrid. En 1975 pasa á canle pública La 2 de Televisión Española con Redacción Noche de Joaquín Arozamena.

Como xornalista deportivo estivo presente en acontecementos como 8 Xogos Olímpicos, Mundiais de Fútbol, o Torneo de Roland Garros, Wimbledon, a Copa Davis e torneos de golf coma o Masters de Augusta ou a Ryder Cup. En 1990 dirixe en TVE Estudio Estadio, do que era presentador entre 1981 e 1993 e máis tarde Fútbol de Primera e Sólo goles (1994).

En 1991 incorpórase como presentador á primeira edición do Telediario de Televisión Española. A canle de televisión Antena 3 fíchao en 1998, para presentar os informativos (Antena 3 Noticias) da edición do mediodía, para pasar a continuación á segunda edición, da que segue á fronte actualmente. En 2006, compaxina a presentación da segunda edición das noticias coa de Territorio Champions.

É fillo do coñecido xornalista Matías Prats Cañete e o seu fillo é Matías Prats Chacón. É coñecido tamén, no mundo publicitario, por anunciar La Cuenta Naranja do grupo holandés ING.

Premios e nomeacións[editar | editar a fonte]

Premios Ano Categoría Resultado
Premios ATV 2012 Mellor Presentador de Programas Informativos Nomeado
2009 Mellor Presentador de Programas Informativos Nomeado
2008 Mellor Presentador de Programas Informativos Nomeado
2007 Mellor Comunicador de Programas Informativos Gañador
2006 Mellor Comunicador de Programas Informativos Gañador
2004 Mellor Comunicador de Programas Informativos Gañador
2003 Mellor Comunicador de Programas Informativos Nomeado
2002 Mellor Comunicador de Programas Informativos Nomeado
2001 Mellor Comunicador de Programas Informativos Gañador
Premio Ondas 1999 Mellor Comunicador de Programas Informativos Gañador
1996 Nacionais de Televisión: Mellor labor profesional Gañador
TP de Ouro 2011 Mellor Presentador de Informativos Gañador
2010 Mellor Presentador de Informativos Gañador
2009 Mellor Presentador de Informativos Gañador
2008 Mellor Presentador de Informativos Gañador
2007 Mellor Presentador de Informativos Gañador
2006 Mellor Presentador de Informativos Gañador
2005 Mellor Presentador de Informativos Gañador
2004 Mellor Presentador de Informativos Gañador
2003 Mellor Presentador de Informativos Gañador
Premios Protagonistas 2002 Protagonista do ano en Xornalismo Gañador

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hemeroteca ABC
  2. Separación Matías Prats
  3. El Mundo (23 de febrero de 2011). "Cómo ser Matías Prats". Consultado o 22 de diciembre de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]