María de Courtenay
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1204 (Gregoriano) |
Morte | setembro de 1228 (Gregoriano) (23/24 anos) |
Imperatriz de Niceia (pt) | |
1219 – 1222 ← Filipa da Arménia (pt) – Irene Lascarina (pt) → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Bizantino |
Actividade | |
Ocupación | política , raíña |
Familia | |
Familia | Capetian House of Courtenay (en) |
Cónxuxe | Teodoro I Láscaris |
Pais | Pedro II de Courtenay e Iolanda de Flandres |
Irmáns | Inés de Courtenay (princesa de Acaia), Iolanda de Courtenay (pt) , Mathilde von Courtenay (en) , Margarida de Namur (pt) , Elisabeth of Courtenay (en) , Henry II of Namur (en) , Philip II, Marquis of Namur (en) , Balduíno II de Constantinopla e Roberto I de Constantinopla |
María de Courtenay, nada sobre 1204 e finada en setembro de 1228, foi a filla de Pedro II de Courtenay e Iolanda de Flandres. casou con Teodoro I de Nicea. María serviu como rexente do seu irmán máis novo Balduíno II de Courtenay e nomeouse a si mesma como emperatriz de Constantinopla.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Familia e antecedentes[editar | editar a fonte]
Os seus pais foron os sucesivos gobernantes do Imperio latino de Constantinopla. O seu pai foi elixido como emperador en 1216. En 1217, ao tentar chegar a Constantinopla por terra, Pedro foi tomado prisioneiro por Teodoro Comneno Ducas, gobernante de Epiro. Pasou o resto da súa vida en cativerio. Iolanda chegou a Constantinopla no seu lugar e fíxose cargo do Imperio. A nai de María, Iolanda foi por dereito a rexente en nome do seu esposo pero gobernou só desde 1217 até 1219. Entre as alianzas negociadas por Iolanda unha foi con Teodoro I Láscaris do Imperio de Nicea. A alianza foi selada co matrimonio de Teodoro e María despois que Teodoro repudiase á súa segunda esposa Filipa de Armenia[1][2].
Emperatriz de Nicea[editar | editar a fonte]
María foi emperatriz de Nicea desde 1219 até novembro de 1222, cando Teodoro morreu. Non tiveron fillos coñecidos. Unha das súas fillastras, María Lascarina, foi a esposa do rei Bela IV de Hungría, e a outra, Irene Lascarina, casou con Xoán III Ducas Vatatzés quen sucedeu a Teodoro I no trono do Imperio de Nicea. María serviu brevemente como rexente de Nicea en 1222.
Rexente e emperatriz de Constantinopla[editar | editar a fonte]
O seu irmán Roberto de Courtenay sucedera á súa nai en 1219. A finais de xaneiro de 1228, o mesmo Roberto morreu. O seu irmán máis novo Balduíno II de Courtenay ascendeu ao trono. Tiña só once anos de idade e por tanto era menor de idade. Os baróns de Constantinopla elixiron a María como rexente. Segundo o historiador Patrick van Kerrebrouck María nomeouse a si mesma emperatriz. A súa rexencia só durou até a súa morte oito meses despois[3].