Saltar ao contido

María Valverde Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Valverde Rodríguez

(2012) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) María Valverde Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de marzo de 1987 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación cinematográfica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz, actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2003 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeGustavo Dudamel (2017–) Editar o valor en Wikidata
ParellaMario Casas (2010–2014) Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webmariavalverde.net Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1482999 Allocine: 129665 Rottentomatoes: celebrity/maria_valverde Allmovie: p380618 TCM: 11046284
Facebook: MariaValverdeOficial Twitter: mariavalverde Instagram: soylavalverde BNE: XX4580783 Discogs: 2581913 Editar o valor en Wikidata

María Valverde Rodríguez, nada en Madrid o 24 de marzo de 1987,[1][2] é unha actriz española, gañadora do Goya á mellor actriz revelación 2003 polo filme La flaqueza del bolchevique. É coñecida por interpretar o papel de Babi no exitoso filme español Tres metros sobre el cielo, estreado o 3 de decembro de 2010, que protagonizou xunto ao galego Mario Casas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Debutou aos 16 anos xunto ao galego Luís Tosar en La flaqueza del bolchevique (2003), dirixida por Manuel Martín Cuenca. Grazas a este papel gañou o Goya á Mellor actriz revelación. Participou en filmes como Fuera del cuerpo (2004), Vorvik (2005) ou o filme película italo-español Melissa P., baseado nun polémico libro titulado 100 colpi di spazzola prima di andare a dormire da escritora italiana Melissa Panarello.

En 2006 interpretou a Lucrecia Borgia en Los Borgia, dirixida por Antonio Hernández e xunto a Paz Vega. Un ano máis tarde promocionou, xunto a Daniel Brühl, a campaña outono-inverno de Purificación García. En 2008 participó no videoclip de The Melocotons, onde ten un papel destacado cunha estética xuvenil e desenfadada.

En decembro de 2010 é a estrea de Tres metros sobre el cielo, dirixida por Fernando González Molina e protagonizada por ela e mailo galego Mario Casas. Converteuse no filme de maior caixa en cinema de todo o ano e en 2012 estreouse a secuela: Tengo ganas de ti. En 2013 grava o filme Broken Horses en Hollywood dirixido por Vidhu Vinod Chopra.

En xaneiro de 2013, fichou por unha miniserie en Telecinco titulada Hermanos onde dá vida a Virginia e que empezou a rodar a mediados de febreiro. Esta serie é o seu segundo proxecto en televisión tralo final da serie La fuga.[3]

En setembro de 2013, María Valverde fichou para a superprodución Exodus: Gods and Kings do director Ridley Scott e na que María interpreta a Séfora, á dona de Moisés (Christian Bale), a súa estrea foi o 4 de decembro de 2014.[4]

Mantivo unha relación co actor galego Mario Casas desde 2009 até 2014, ano no que decidiron dala por rematada tras de cinco anos xuntos.

Ano Filme Personaxe Director
2014 Ahora o nunca Eva María Ripoll
2014 A Lonely Sun Story (curtametraxe) Linda Juanma Suárez e Enrique F. Guzmán
2014 La Carga Elisa Alan Jonsson
2014 Exodus: Gods and Kings Séfora Ridley Scott
2014 Tu y yo (mediametraxe) Laura Kike Maíllo
2014 400 Boys Paiva Alastair Paton
2013 La Mula Conchi Michael Radford
2013 Broken Horses Vittoria Vidhu Vinod Chopra
2013 Libertador M.Teresa Alberto Arvelo
2012 Tengo ganas de ti Babi Fernando González Molina
2012 A puerta fría Inés Xavi Puebla
2010 Madrid, 1987 Ángela David Trueba
2010 Tres metros sobre el cielo Babi Fernando González Molina
2009 Cracks Fiamma Jordan Scott
2008 La mujer del anarquista Manuela Marie Noelle e Peter Sehr
2008 El rey de la montaña Bea Gonzalo López-Gallego
2007 El hombre de arena Lola José Manuel González
2007 Ladrones Sara Jaime Marques
2007 Las lágrimas del cisne (curtametraxe) James J. Wilson
2006 Válido para un baile (curtametraxe) Gabi Beneroso
2006 Los Borgia Lucrecia Borgia Antonio Hernández
2006 Melissa P. Melissa Luca Guadagnino
2005 Vorvik Sofía José Antonio Vitoria
2004 Fuera del cuerpo Cuca Vicente Peñarrocha
2004 Cuando nadie nos mira (curtametraxe) Anna Pau Atienza
2003 La flaqueza del bolchevique María Manuel Martín Cuenca

Televisión

[editar | editar a fonte]
Ano Serie Personaxe Canle
2014 Hermanos Virginia Telecinco
2012 La fuga Anna Serra Telecinco
Ano Obra Dirección
2009 Llueve en Barcelona Francesco Saponar
2008 Puerta del sol, un episodio nacional Juan Carlos Pérez de la Fuente
2007 Lapidando a María Marco Carnitti
Ano Publicidade/ Moda/ Outros
2014 Anuncio de Nadal de Freixenet xunto a David Bisbal dirixido por Kike Maíllo
2014 Videoclip "Ojos color sol" de Calle 13 e Silvio Rodríguez
2014 Imaxe dos clásicos de Herbal Essences
2014 Colaboración con David Bisbal: 4 Videoclips
2014 Videoclip "Ahora o nunca" da banda Doble Elefante
2013 Imaxe do perfume Nina L'Eau de Nina Ricci
2012 Colaboración con Solocomedia.com - Sketch: "El brownie"
2011 Videoclip "Mira la vida" de Dani Martín
2010 Vídeo "La Revolución de los sentidos" para Hoss Intropia
2010 Imaxe de Hoss Intropia - Primavera-Verán 2010
2008 Presentación a prensa do produto Don Perignon
2008 Videoclip "Meg and my girlfriend" de The Melocotons
2007 Imaxe de Purificación García
2006 Presentación a prensa do produto Excel Sanex
2004 Pasarela Gaudí. Desfile: Lydia Delgado
2003 Anuncio: "Miguel Ángel" do xeado Maxibom de Camy Nestlé
1997 Cabeceira do programa ¿Qué apostamos? TVE
Premios Goya
Ano Categoría Filme Resultado
2003 Mellor actriz revelación La flaqueza del bolchevique Gañadora
Outros premios
  • Premio Chica Men's Health (2013)
  • Premio Faro joven no Festival de cine de Alfàs del Pi (2013)
  • Premio á mellor actriz no Festival Camino de Santiago por A puerta fría (2013)
  • Premio Fotogramas de Prata ao intérprete máis buscado na web de fotogramas (2013)
  • Premio Celebrities Awards á mellor actriz de cinema (2013)
  • Premio cosmopolitan Fun Fearless Female á mellor actriz de cinema (2012)
  • Premio Gredos (2012)
  • Premio Augurio Sita Murt no Zoom Festival Europeo de Cine para a Televisión (2010)
  • Mellor actriz no Festival Screamfest de California (EUA) por El rey de la montaña (2008)
  • Traxectoria nova no X Festival de Albacete- Abycine, (2008)
  • Halcón Maltés nos XVII Premios Turia como mellor actriz por Ladrones (2008)
  • Mellor actriz por Ladrones no XIV Festival internacional de cinema Mediterráneo de Tetuán (Marrocos), (2008)
  • Mellor actriz revelación de cinema, Premios Pétalo, Cosmopolitan TV (2007)
  • Mellor actriz, IV Premios Top Glamour (2006)
  • Recoñecemento como Nova actriz promesa no VI Festival "Mujeres de Cine" de Granada (2006)
  • Rostro máis fermoso do cinema español de Max Factor no Festival Internacional de Cine de Donostia (2005)
  • Rostro máis fermoso do cinema español da Revista Glamour (2004)
  • Premio Revelación do Círculo de Escritores Cinematográficos (CEC) por La flaqueza del bolchevique (2003)
  • Premio Tentaciones (El País) por La flaqueza del bolchevique (2003)
  • Mellor actriz revelación por La Gaceta Universitaria EME por La flaqueza del bolchevique (2003)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]